CCOO-Ensino esixe á Consellería que tome unha decisión inmediata sobre o mantemento ou aprazamento da oferta de emprego público

CCOO-Ensino esixe á Conselleira unha decisión urxente sobre a celebración do proceso selectivo,  que debe ser coñecida como moi tarde a mediados deste mes. Porén todas as organizacións sindicais con representación na mesa, acabamos de solicitar á Consellería a convocatoria urxente dunha mesa sectorial para tratar este tema.

Carta aberta da Federación de Ensino de CCOO á conselleira de Educación

Señora conselleira: Recibimos a carta que vostede enviou a todo o profesorado de Galicia agradecendo o noso labor nesta crise e sorpréndennos varias das reflexións que fai e que nos gustaría comentarlle. En primeiro lugar, desde CCOO pensamos que non é necesario que nos saúde persoalmente a todas e todos. Sería suficiente con que prestase atención ás necesidades do ensino público e … Ler máis

CCOO Ensino demanda á Xunta a prórroga dos contratos do persoal investigador das Universidades

CCOO Ensino demanda á Secretaría Xeral de Universidades que posibilite a prórroga dos contratos de persoal investigador que foi contratado ao abeiro de convocatorias da Xunta, de forma análoga a como se establece na Disposición adicional décimo terceira do Real decreto lei 11/2020, de 31 de marzo, polo  que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer … Ler máis

CCOO-Ensino denuncia un novo desprezo á representación das traballadoras e traballadores por parte da Consellería de Educación

A Consellería fai oficial a súa postura canto á celebración das oposicións do ano 2020 a través dos medios de comunicación sen previa comunicación aos representantes das traballadoras e os traballadores.

ACTUALIZACIÓN: Ao cabo, ao final da xornada, o Ministerio de Educación e Formación Profesional emite un comunicado no que manifesta a falta de acordo pero non aclara a posición da comunidade autónoma.