CCOO esixe ao Ministerio de Educación na Mesa Sectorial do Estado máis recursos e medidas de seguridade e saúde para afrontar a volta ás aulas

O sindicato tamén expuxo as dificultades que poden xurdir coas Ofertas de Emprego Público que se pospuxeron ao ano que vén e que están reguladas polo  RD 84/2018, xa que pode existir un conflito entre estas prazas e as que se queiran sumar a estas, e que estarán reguladas por outra normativa de acceso. Nese sentido, pedimos seguridade xurídica para abordar a situación ao Ministerio de Educación e Formación Profesional.

CCOO-Ensino incidirá mañán na Mesa Sectorial de Galicia na situación dos procedementos selectivos do 2020.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE RPT E CONCURSO DE TRASLADOS DO PROFESORADO DE RELIXIÓNS

A Federación de Ensino de CCOO ven de solicitar á Consellería de Educación:

  • Que se informe de cales das alegacións presentadas á RPT e ao borrador do Concurso de Traslados son aceptadas.
  • O compromiso a retomar de xeito inmediato, en canto a norma permita a reanudación dos prazos administrativos, a tramitación do Concurso de Traslados

A Federación de Ensino de CCOO insta as patronais e organizacións sindicais do sector do 0-3 a abordar conxuntamente o inicio do próximo curso

ver CCOO-Informa CCOO xa sinalou a súa preocupación pola dificultade de garantir as mínimas medidas de prevención co alumnado da etapa de Educación Infantil, manifestando que a volta á actividade debería de producirse en calquera caso no mes de setembro. O contrario, non podería producirse sen a intervención das organizacións sindicais representativas do 0-3 e por este motivo, como sindicato … Ler máis

OS TRABALLADORES PÚBLICOS SEN MEDIOS E FORMACIÓN NAS RESIDENCIAS PRIVADAS DA PROVINCIA

CCOO denuncia a falta de coordinación, improvisación e carencias na atención das residencias de anciáns privadas da provincia intervidas pola Xunta de Galicia.

A Xunta está a incorporar a persoal laboral de ensino sen a formación e sen comunicar as posibles exencións que puideran poñer en risco a propia saúde do traballador ou persoas a cargo no seu ámbito familiar.