É imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade

CCOO e UGT reiteramos a nosa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Así mesmo, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e especialmente coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e cos traballadores e traballadoras ucraínas que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.

CCOO e UGT esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que a acción bélica pare de maneira urxente e as tropas rusas se retiren do territorio ucraíno —que ocuparon violando a legalidade internacional— e se restitúa a paz.

Facemos, por iso, un chamamento aos traballadores e ás traballadoras de España a que o MÉRCORES, 9 DE MARZO, se manifesten de maneira silenciosa na entrada dos seus centros de traballo de 12:00 a 12:05 horas, solidarizándonos así co pobo de Ucraína, pedindo o cesamento do fogo e a inmediata retirada de tropas rusas do país. 

Os centros educativos non se considerarán ámbitos vulnerables

A Xunta de Galicia ven de decidir que non se considerarán os centros educativos como ámbitos vulnerables, polo que únicamente considéranse ámbitos vulnerables:  Centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios). Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán … Ler máis

Información de CC.OO. sobre as convocatorias de promoción interna do PAS Laboral

Convocatorias de promoción interna do PAS Laboral Debido as varias dúbidas e consultas que nos chegaron estes días, logo da publicación da convocatoria de promoción interna para cubrir 37 prazas de Técnico/a de Servizos xerais, dende a sección sindical de CC.OO queremos difundir a seguinte información para todo o cadro de PAS laboral en relación aos procesos de promoción interna … Ler máis

Peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

Procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización

ORDE do 18 de febreiro de 2022 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do director xeral da Función Pública do 7 de febreiro de 2020.

Esixímoslle á Xunta de Galicia que non paralice os chamamentos

A Consellería de Educación, dentro da súa prexudicial política economicista, non está a cubrir as baixas laborais que se están producindo esta semana. Temos a constancia do borrado das baixas por parte da Consellería. Os problemas de persoal nas aulas son unha constante e a situación está a empeorar. Deixando de lado as súas obrigas, a Consellería de Educación, demostra unha vez … Ler máis