Valoración de CCOO ao documento coa proposta dos criterios para definir as prazas dos procesos de estabilización da Lei 20/2021

Despois de rematar o primeiro punto da Orde do día a Consellería de Educación presentou o documento “proposta de criterios para a aplicación da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a educación da temporalidade no emprego público”. CCOO criticou que non se nos facilitase este documento con antelación suficiente para estudalo, así como difundilo entre o … Ler máis

Asemblea do XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade

XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade CCOO lamenta a posición mantida pola patronal na reunión da Mesa Negociadora celebrada este pasado día 18 de marzo. Despois destes anos de pandemia, nos que os/as traballadores/as do sector demos o 200%, aumentando a carga de traballo, duplicando a nosa xornada, expoñendo a nosa saúde a condicións moi precarias … Ler máis

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos para interinidades e substitucións en Primaria

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, especialidade de Educación Primaria Resolución do 22 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas para … Ler máis

CCOO convoca o 23 de marzo mobilizacións contra a suba dos prezos

Conter os prezos, protexer o emprego Os sindicatos CCOO e UGT, xunto con outras organizacións sociais, convocan mobilizacións en todo o Estado para esixir medidas pola suba dos prezos. O pasado mes de febreiro, a inflación alcanzou unha nova cifra histórica ao se situar no 7,6 %, o nivel máis alto desde 1986. A tensión dos prezos da electricidade, o gas, … Ler máis

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C) As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional … Ler máis

Circular 1/2022 pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

10 de marzo: 50 aniversario do Día da Clase Obreira galega

Na conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, queremos lembrar que o veto do grupo parlamentario do BNG impediu que a Cámara autonómica aprobara unha declaración institucional proposta por CCOO para lembrar o 50.º aniversario das loitas obreiras de 1972 —o 10 de marzo en Ferrol, en setembro en Vigo—. Precisamente, este 2022 cúmprense 25 anos da declaración institucional unánime pola que o Parlamento de Galicia declarou o 10 de Marzo como Día da Clase Obreira Galega.

Relación definitiva de admitidos e excluídos das listas de especialidades PES e PTFP

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de FP (591) Resolución do 8 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a … Ler máis