A Consellería de Educación, dentro da súa prexudicial política economicista, non está a cubrir as baixas laborais que se están producindo esta semana. Temos a constancia do borrado das baixas por parte da Consellería. Os problemas de persoal nas aulas son unha constante e a situación está a empeorar. Deixando de lado as súas obrigas, a Consellería de Educación, demostra unha vez máis o nulo interese en promover unha educación de calidade. É a súa obriga cubrir as baixas laborais que se están a producir esta semana, para evitar que a situación de precariedade se agrave. Non é admisible ter como único obxectivo o aforro.
Esta non é unha situación nova, xa o 15 de decembro CCOO interpelou a valedora do pobo para que interceda ante a Consellería na cobertura das baixas que se estaban a producir.
Non aceptaremos unha diminución dos nosos dereitos e esiximos o cumprimento das obrigas da Administración.

