CCOO esixe a Educación que se reduza o máximo de horas lectivas do profesorado con carácter xeral e básico

CCOO iniciou unha nova campaña de acción sindical reivindicando que o máximo de períodos lectivos semanais de cada docente sexa, como moito, de 23 en Educación Infantil e Primaria (21 en Galicia), e de 18 en Secundaria, FP e Ensinos de Réxime Especial. A esixencia, que o sindicato presenta á ministra por escrito, pretende mellorar as condicións laborais do profesorado e dotar ao sistema dos recursos necesarios para asegurar tempo de atención ás familias, coordinación docente, preparación de materiais e proxectos, atención individualizada ao alumnado e outras tarefas para a mellora da calidade educativa e a atención integral aos nosos menores.

O sindicato volve liderar a defensa das condicións do traballo do profesorado, neste caso, a través dunha reivindicación histórica e que o actual Ministerio debe resolver con urxencia.

Na misiva, CCOO lémbralle á ministra que o aumento de horas lectivas do Goberno do PP en 2012 fíxose a través dunha norma de carácter básico e de obrigado cumprimento en todas os CC.  AA., e, por tanto, esíxelle ao seu Ministerio a redución destas co mesmo carácter e idéntica extensión. Nesta liña, informa á titular de Educación a situación da carga lectiva en cada autonomía e territorio do Estado.

O sindicato calcula que, para reducir o horario do profesorado ao límite máximo, requírese a contratación de 14.833 mestres en Infantil e Primaria, e 13.278 profesores/ as no resto dos ensinos da educación pública non universitaria, é dicir, un total de 28.111 docentes máis, o que supón un 5,61% de incremento.

VER CARTA Á MINISTRA