Novas
Oposicións Persoal Laboral: Novidades de convocatoria para procesos selectivos
RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. htmlAnuncioG0597-170622-0002_gl.Publicados/2022/20220627/https://www.xunta.gal/dog/ RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo … Ler máis
CCOO denuncia que a Consellería de Educación publica a oferta de FP para o curso 2022/23 sen negocialo no Consello Galego de FP
O sindicato demanda que a oferta ten que discutirse coas OOSS con representación no órgano antes do anuncio público.
Resolución definitiva de comisións de servizos por motivos de saúde
Resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2022/2023. Resolución definitiva de saúde de primaria Resolución definitiva de saúde de secundaria Resolución definitiva de saúde de relixión
CCOO reclámalle ao Goberno de Sánchez salarios dignos para as empregadas e empregados públicos
A Área Pública de CCOO está cansa de esperar e esíxelle ao Goberno de España a negociación dun novo acordo salarial e de condicións de traballo que garanta o poder adquisitivo, derrogue os decretos de recortes de dereitos do 2010/12 e mellore substancialmente as condicións de traballo no sector público. Se non, intensificará as mobilizacións sen desbotar calquera medida de presión, incluída a folga.
Resumo da reunión da Mesa Xeral de Negociación de PAS
As principais conclusións desta reunión da Mesa de PAS foron as seguintes: No documento adxunto indícase con maiores detalles o desenvolvemento da reunión e dos temas tratados: Resumo Mesa xeral PAS do 21 de xuño
XIII convenio colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil
Este 21 de xuño constituíuse a Mesa Negociadora do XIII Convenio Colectivo, no que, unha vez máis, CCOO volve ser o sindicato máis representativo.
Convocatoria das prazas de convenio
ORDE do 8 de xuño de 2022 Concurso de méritos específico para prazas sometidas a convenio ou a programas específicos.
Prazo de presentación do 21 de xuño ata 28 de xuño
A solicitude presentaranse por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR004A.
Composición definitiva dos tribunais constituídos para xulgar os procedementos selectivos de corpos docentes
Faise pública a composición dos tribunais constituídos para xulgar as probas dos procedementos selectivos de corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 Tribunais corpo de mestres Tribunais corpos de secundaria e outros
