Novas
CCOO presenta recurso contra a decisión da Audiencia Nacional de excluír ás traballadoras de xestión indirecta da revisión salarial do 5,5%
Tras a sentenza gañada por CCOO e o resto dos sindicatos, na que se obriga a actualizar as retribucións das traballadoras de xestión directa, incrementando os salarios nun 5,5% desde setembro de 2021, o resto das organizacións procederon á firma das novas táboas salariais.
CCOO non as subscribiu ao ter interposto un recurso #ante o Supremo ao considerar que as táboas salariais dos centros de xestión indirecta tamén deberían actualizarse con ese 5,5%.

CCOO denuncia que as patronais de Atención a Persoas con Discapacidade pretenden lucrarse á custa dos salarios das persoas traballadoras
Ante o bloqueo da negociación do XVI Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, o sindicato interpón conflito colectivo ante a Audiencia Nacional, anuncia a próxima convocatoria de mobilizacións para esixir un proceso negociador real que aborde o mantemento do poder adquisitivo e advirte das consecuencias que para as entidades do sector pode ter a intransixencia negociadora das patronais.
Publicada a relación provisional de seccións bilingües 2022/23
As reclamacións e alegación serán de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no enderezo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.gal DESCARGAR DOCUMENTO
