Formación para persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación (coidadores, interprétes…)

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
  • As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
  • O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.