CCOO reclámalle ao Goberno de Sánchez salarios dignos para as empregadas e empregados públicos

O pasado mes de maio, o Goberno comprometeuse cos sindicatos da función pública a convocar a mesa de negociación e acometer un novo acordo en materia salarial e de mellora das condicións de traballo, pero non acaba de arrancar.

As empregadas e empregados públicos demostramos unha vez máis, nesta crise sanitaria, a profesionalidade e entrega no noso labor como servidores públicos e non imos permitir que se menosprece o noso traballo, algo que sen dúbida se fai se non se pecha un novo acordo salarial, de recoñecemento e mellora das nosas condicións laborais.

Por iso, CCOO NON vai permitir a constante perda de poder adquisitivo —14 anos sen actualización dos salarios para o persoal do Servizo Exterior— polo que reclama XA un pacto polos salarios.

Amais disto, e non menos importante, son moitas as materias comprometidas que deben negociarse, entre outras, o desenvolvemento do EBEP; o Estatuto Marco; a Lei de función pública da AXE; o cambio normativo en materia de igualdade; a carreira, promoción e clasificación profesional; a xornada de 35 horas; a eliminación da taxa de reposición e o plan de emprego para o rexuvenecemento dos cadros de persoal; a xubilación anticipada; o recoñecemento do sector público empresarial; a revisión das indemnizacións por razón de servizo ou de residencia; ou as melloras de haberes reguladores de clases pasivas.

Son moitas as materias, reivindicacións xustas e comprometidas que CCOO vai esixir que formen parte da negociación.