XI convenio colectivo de centros de ensino privado de réxime xeral ou ensino regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado

Tras a denuncia do X Convenio Colectivo realizada en solitario por CCOO a finais de 2020, o pasado 8 de xuño constituíuse a mesa negociadora do XI Convenio. A representación sindical quedou configurada da seguinte maneira: USO    27,78 % CCOO    24,68 % FSIE    24,29 % UXT    23,25 % O obxecto da nosa denuncia era evitar que a inacción doutras organizacións sindicais nos levase a … Ler máis

Resumo da mesa sectorial do 10 de xuño

  • A convocatoria de prazas de atención preferente, sairá publicada o luns na web da Consellería
  • Hoxe, publicarán a distribución de aspirantes por tribunal
  • Entre hoxe e mañá, publicarán as sedes e horas concretas da 1ª parte da 1ª proba 

CCOO Ensino e o resto de organizacións sindicais asinantes do acordo de interinos demandan unha xuntanza tanto da comisión de seguimento do acordo como co propio conselleiro para organizar o persoal do vindeiro curso escolar

  • CCOO Ensino, ANPE, UGT SERVIZOS PÚBLICOS E CSIF Ensino, ORGANIZACIÓNS ASINANTES DO ACORDO POLO QUE SE REGULA O ACCESO E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DOCENTE INTERINO E SUBSTITUTO acaban de solicitar unha xuntanza tanto da comisión de seguimento do acordo como co propio conselleiro, para organizar o persoal do vindeiro curso escolar.
  • É preciso para garantir a presencialidade segura en todas as etapas educativas e respectar as medidas de seguridade e saúde. Isto require manter as contratacións formalizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas de educación infantil e primaria.

Conferencia de prensa: As federacións de Ensino de CCOO, ANPE, UGT-Servizos Públicos e CSIF analizan a necesidade da prórroga das medidas de apoio ao ensino pola COVID-19

Mañá martes, día 8 de xuño, estas organizacións sindicais darán unha conferencia de prensa na que analizarán a situación, no relativo a medios humanos e materiais, do eido educativo galego de cara ao vindeiro curso e demandarán a prórroga das medidas de apoio que se puxeron en marcha no actual curso, en especial o referido á contratación de profesorado, pola COVID-19 de cara ao vindeiro curso 2021-2022

A orde de calendario escolar establece que o período de adaptación en EI se estenderá ata o 21 de setembro e non será voluntario para as familias

 

Convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia