Concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Resolución do 10 de xuño de 2021 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

  • O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación, e polo tanto comprende dende o luns 28 de xuño ata o venres 2 de xullo (ambos incluidos)

 

CCOO Ensino quere agradecer o esforzo e dedicación do persoal docente e non docente que fixo posible un curso escolar presencial a pesar da pandemia

Desde a Federación de Ensino de CCOO de Galicia, queremos trasladar o noso máis profundo agradecemento tanto ao profesorado como ao persoal non docente, que propiciaron un curso escolar marcado pola covid e que se puido levar a cabo de xeito presencial con grande esforzo e dedicación por parte de todos os traballadores e traballadoras.

Acreditación de competencias profesionais por experiencia laboral (FP)

Actualización da oferta de formación profesional (FP)

Actualización da información da oferta de formación profesional do sistema educativo de Galicia en ensinanzas sostidas con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para as persoas adultas. Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas … Ler máis

Contido, uso e acceso ao expediente do persoal docente funcionario e laboral

ORDE do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A). O persoal incluído no ámbito de aplicación desta orde poderá acceder ao seu expediente persoal no enderezo www.edu.xunta.gal/datospersoais para a … Ler máis

Plan Recupera: Convocatoria da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL)

Plan Recupera: Convocatoria da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) para o curso 2021/22 Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se crea, con carácter experimental, a Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia no marco do Plan Recupera, se seleccionan os … Ler máis

Plan Recupera: Convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T

Plan Recupera: Convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T nos centros docentes públicos para o curso 2021/22 Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de … Ler máis