Apertura do prazo de inscrición para a 2ª edición de cursos de formación en liña do Profesorado 2021

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, convoca 5.950 prazas na 2ª edición de cursos tutorizados de formación en liña para o profesorado. O prazo de inscrición comeza o 18 de maio e finaliza o 6 de xuño de 2021 (ambos incluídos).

‌  INSCRICIÓN: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/profesorado/profesorado-no-universitario/cursos-y-jornadas/formacion-en-red-profesorado.html

CCOO esixe o aumento das contratacións no sector educativo para garantir a presencialidade segura nas aulas

O sindicato pide que o vindeiro curso se garanta a presencialidade segura en todas as etapas educativas, respectando as medidas de seguridade e saúde, o que implica manter as contratacións realizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas que se impartiron nunha modalidade semipresencial. Isto suporía sobre 2000 postos de emprego en Galicia.

 

Fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Toda a información sobre a Mesa Sectorial do 18 de maio

Nesta mesa tratáronse os seguintes documentos: Decreto XX/2021, do __ de ____, polo que se crea o Centro de Innovación Educativa e Dixital Borrador de Decreto XX/2021, do X de XXXXXX, polo que se crea o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional RESOLUCIÓN do __ de ____________ de 2021 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2021/22 … Ler máis

Vacantes definitivas do Concurso Xeral de Traslados

Vacantes definitivas do Corpo 590 (Profesores De Ensino Secundario) Vacantes definitivas do Corpo 591 (Profesores Técnicos De Formación Profesional) Vacantes definitivas do Corpo 592 (Profesores De Escolas Oficiais De Idiomas) Vacantes definitivas do Corpo 593 (Catedráticos De Música E Artes Escénicas) Vacantes definitivas do Corpo 594 (Profesores De Música E Artes Escénicas)  Vacantes definitivas do Corpo 595 (Profesores De Artes Plásticas E Deseño) Vacantes definitivas do … Ler máis