Resumo da mesa sectorial do 10 de xuño

  1. Concurso méritos dirección CFR e asesorías CAFI

  • Demandamos un mapa de recursos humanos do CAFI e do CFR nos que se cataloguen todos os perfís existentes no CAFI e nos diferentes CFR para coñecer desta forma a realidade de recursos actuais destes centros e a súa adecuación ás necesidades formativas do persoal docente. NON CONTESTAN.

  • Pedimos explicacións sobre cal é a planificación da Consellería con respecto a estas estruturas formativas. A SEMANA QUE VEN PRESENTARÁN O PLAN DE FORMACIÓN DA CONSELLERÍA.

  • Demandamos que se convoquen máis prazas para poder ter unha oferta formativa máis ampla, máis específica e de calidade. NON ACEPTADO.

Entrando no articulado:

Art. 2  Requisitos de Participación

Consideramos que debe restrinxirse ao igual que nas outras convocatorias ao funcionariado docente con destino en Galicia, os que regresen de prazas no estranxeiro e docentes de Galicia que están noutra comunidade en Comisión de servizos. NON ACEPTADO.

Art. 3  Perfís dos candidatos.

Entendemos que deberan establecerse criterios para obxectivar as características do perfil dos candidatos. Coa definición actual tan aberta e a entrevista estariamos diante dunha elección arbitraria. NON ACEPTADO.

Art.4 Solicitudes.

Entendemos que non se debera limitar o número de prazas a solicitar en dúas. NON CONTESTADO.

Art. 5 Documentación.

Demandamos que os proxectos deberían ampliarse a 20 ou 25 folios. ACEPTAN VALORAR A AMPLIAR A EXTENSIÓN DO PROXECTO

Art. 6 Lugar e prazo de presentación

Solicitamos que a renuncia poida facerse a unha soa solicitude. NON CONTESTADO

Art.7 Proceso de selección

Consideramos que o prazo da reclamación para a fase A  de 3 días é absolutamente insuficiente. Solicitamos 5. NON CONTESTADO.

Solicitamos a eliminación da entrevista por non ter garantías de obxectividade NON ACEPTADO.

Art. 9 Proposta de nomeamento.

  • Consideramos que a Orde debe especificar en que consiste a avaliación, e os asesores deben coñecer previamente os criterios que se van a seguir para ser avaliados. NON CONTESTADO

  • Demandamos que a Administración fixe tamén requisitos mínimos para poder optar a comisións de servizos de maneira provisional. NON CONTESTADO.

  • Consideramos a posibilidade de configurar unhas lista para posibles substitución no futuro, entre os aspirantes non seleccionados,  evitando así nomeamentos “a dedo”. NON ACEPTADO

Artigo 10. Formación inicial e continua

  • Esiximos que a formación sexa relacionada coa área  a que se presenta. NON CONTESTADO.

Baremo

  • Consideramos que nos apartados 2.1, 3 e 4 deben compuarse as fraccións inferiores a un ano.  NON CONTESTADO.

Anexo II

  1. Asesorías de departamentos CAFI

  • Falta especificar o requisito de que corpos poden optar á praza de bibliotecas escolares e o perfil.  NON CONTESTADO.

  • En xeral falta especificar como se poden demostrar os criterios esixidos en cada caso. NON CONTESTADO.

  1. Asesorías dos CFR

  • Non entendemos que na área científico-tecnolóxica non se considere a aspirantes do corpo PTFP. NON CONTESTADO.

Prazas vacantes nos CFR

– Solicitamos que non deben ofertarse as seguintes prazas de asesoría de FP, xa que están aínda ocupadas por docentes que non chegaron a seis anos máximo e non tiveron nin lle foi comunicada a avaliación negativa:

  • A Coruña

  • Lugo

  • Ourense 

– Tampouco deberían ser ofertadas as vacantes de artístico -deportiva e lingüística e social de Ourense, xa que están aínda no período de seis anos os seus adxudicatarios, non sendo avaliada negativamente a súa actividade.

– Non entendemos que se oferte a de Organización escolar de Lugo, xa que hai unha xa ocupada na actualidade 

– Criticamos e pedimos explicacións pola eliminación dunha praza STEM en Vigo.

– Esiximos que se oferten as seguintes vacantes: 

  1. unha de Infantil e Primaria en Lugo que está vacante e que necesita o centro.

  2. 1 de Educación Dixital na sección de Burela.

– EN CANTO ÁS PRAZAS OCUPADAS ACTUALMENTE, A ADMINISTRACIÓN RECOÑECE QUE NON É UN ERRO, E POLO TANTO VOLVERÁN A OFERTAR AS VACANTES, A PESAR DE QUE AS PERSOAS QUE ESTÁN OCUPANDO AS PRAZAS NON SEXAN COÑECEDORAS DE NINGUNHA AVALIACIÓN NEGATIVA.

– A ADMINISTRACIÓN ACLARA QUE EN LUGO SE OFERTARÁ INFANTIL E PRIMARIA E NON OUTRA DE ORGANIZACIÓN ESCOLAR, QUE XA ESTÁ OCUPADA.

– A ADMINISTRACIÓN ACLARA QUE EN PONTEVEDRA SO SE OFERTARÁ UNHA DE ORGANIZACION ESCOLAR

– FINALMENTE A ADMINISTRACIÓN INCLÚE 3, E NON 2, DE EDUCACIÓN DIXITAL EN VIGO.

BAREMO:

1. FASE A

  • Consideramos que nos apartados 2.1, 3 e 4 deben compuarse as fraccións inferiores a un ano. NON CONTESTADO.

  • Entendemos que pertencer ao corpo de catedráticos non é ningún mérito académico. Polo tanto debera desaparecer. NON CONTESTADO.

  • Entendemos que as coordinacións relacionadas coa praza á que se aspira deben ser valoradas. NON CONTESTADO.

2. FASE B

  • Esiximos que se elimine a entrevista. En caso negativo que se publiciten criterios obxectivos de avaliación previamente. NON ACEPTADO.

  1. Concurso méritos escolarización alumnado atención preferente

  • Criticamos de novo o oscurantismo sobre este tipo de prazas. Xa que descoñecemos os criterios se usan para definilas

  • Consideramos que a convocatoria de atención preferente deberá ser complementaria a unha negociación previa para dotar de persoal definitivo a centros onde se ven repetindo de modo sistemático estas necesidades e levan funcionando ano tras ano aulas específicas de NEAE. 

  • Consideramos que o prazo de renuncia e reclamacións debe ampliarse de 3 a polo menos 5 días. NON ACEPTADO

  • Entendemos que a renuncia non debe implicar todas as peticións realizadas, se non artellar a posibilidade de renunciar só a algunha das peticións realizadas. NON CONTESTAN.

  • Reclamamos que a duración da comisión de servizos sexa polo tempo de escolarización do alumnado obxecto da convocatoria, non só por seis anos. LEGALMENTE NON PODEN INCLUIR MÁIS DE SEIS ANOS NA ORDE, PERO SE COMPROMETEN A SER FLEXIBLES E ACEPTAR ASÍ PRORROGAS QUE CHEGUEN A ABRANGUER TODA A ESCOLARIDADE OBRIGATÓRIA DO ALUMNADO

  • Demandamos unha dotación maior persoal coidador nos centros onde se inclúen vacantes de atención preferente. NON CONTESTAN

No Baremo: 

  • Reclamamos que sexa valorado o CAP ou máster que habilita para o exercicio de PES xa que non é unha formación requirida para acceder ao corpo de mestres. NON CONTESTAN.

  • Demandamos que debería ser valorada a experiencia na especialidade de orientación educativa NON CONTESTAN

  • Reclamamos que debería valorarse a experiencia previa coa mesma necesidade concreta que a que corresponde a vacante (centros específicos, aulas específicas, atención preferente,…) NON CONTESTAN

  • Entendemos que non debería puntuar do mesmo xeito o feito de posuír titulacións que teñan relación coas prazas ofertadas que calquera outro título.  NON CONTESTAN

  • Solicitamos que deberían recoñecerse, con maior puntuación actividades de formación relacionada directamente coa necesidade educativa concreta á que corresponda a vacante. NON CONTESTAN

No Anexo de Prazas

– Trasladamos o noso malestar xa que a documentación co anexo de prazas chegou o luns polo que non dou tempo de contactar con todos os centros.

– Entre as vacantes ofertadas hai determinados centros ( A Coruña, Culleredo, Fene,  Narón, etc) no que non aparece a tipoloxía de praza nin o tipo de necesidade concreta que se demanda. REVISARANNO

– Denunciamos que hai moita diverxencia entre as prazas ofertadas entre as diferentes provincias, en concreto na da provincia de Ourense en concreto abundan as prazas de PT afín AL , sendo máis da metade das ofertadas, 12 de 23 da provincia), mentres noutras provincias non hai ningunha vacante con afinidade (exemplo en Pontevedra ou Lugo). REVISARANNO

 – Entre a relación de vacantes botamos en falta as seguintes vacantes que solicitamos que se revisen: REVISARANNO

  1. AL en CEIP Juan Fernández Latorre

  2. AL no CEIP Ría do Burgo (Culleredo)

  3. PT e afin AL no CEIP A Fraga de AS Pontes.

  4. PT no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.

– Solicitamos que nas prazas de AL do CEIP Inmaculada e no CEIP Plurilingüe de Seixalbo se inclúan requisitos de coñecemento de sistemas alternativos de comunicación. No caso concreto de Seixalbo: Formación en SAAC (Sistemas alternativos y aumentativos de Comunicación) e metodoloxía TEACCH. REVISARANNO

– A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE A ORDE DE CONVOCATORIA DAS PRAZAS DE ATENCIÓN PREFERENTE PUBLICARASE NA WEB DA CONSELLERÍA O DÍA LUNS 14, E NON NO DOG, EMPEZANDO O PRAZO AO DÍA SEGUINTE.

– A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE VAI A REVISAR O ANEXO DE PRAZAS ACTUALIZANDO PERFÍS E REQUISITOS DALGUNHAS VACANTES.

  1. Concurso prazas convenio

  • Trasladamos o noso malestar xa que a documentación e anexo de prazas chegou con menos de 48 horas á reunión.

  • Esiximos que se incorpore ao funcionariado en prácticas no apartado de participantes. ACEPTADO

  • Consideramos que hai que ampliar a 5 días hábiles o período de reclamacións. NON CONTESTAN

  • Esiximos que se expliciten de modo claro as directrices e características para a realización do proxecto. NON CONTESTAN

  • Solicitamos a eliminación da entrevista, e que en caso de facela se faga a todxs xs aspirantes con coñecemento previo dos criterios de avaliación. ACEPTAN DE  FACELA, FACELA A TODAS AS PERSOAS

  • Trasladamos á Administración que non estamos de acordo cos convenios con institucións privadas. Entendemos que debe ser a Consellería a que atenda a oferta educativa desde as súas propias estruturas en lugar de ter que  facelo asociacións privadas.NON CONTESTAN

  • Demandamos o establecemento de  criterios para comprobar de forma obxectiva como se acadan os requisitos marcados para cada praza. NON CONTESTAN

  • Demandamos o  establecemento de criterios obxectivos de avaliación dos proxectos. NON CONTESTAN

  • No baremo, consideramos que deben computarse as fraccións inferiores a un ano. ACEPTADO

  • A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE NO ANEXO DE PRAZAS DO BORRADOR FALTA INCLUIR AS PRAZAS DO AMTEGA.

  1. Rogos e preguntas

  • Esiximos que deben  ser publicadas sen máis dilación as sedes e horas concretas das partes da primeira proba do concurso oposición xunto coa distribución de persoal aspirante en cada tribunal. PUBLICARÁN HOXE A DISTRIBUCIÓN DE TRIBUNAIS E HOXE OU MAÑA AS SEDES E HORAS CONCRETAS

  • Criticamos que tras o sorteo do 29 de abril a administración tardará máis dun mes en publicar en DOG a listaxe de tribunais, non pudendo constituílos ata ese momento. Tribunais que en moitos casos non se parecen moito aos publicados en DOG dos saídos do sorteo.

  • Denunciamos a forma de levar a cabo pola Administración a constitución de algúns tribunais, nomeadamente na especialidade de corpo de PTFP de Servizos á Comunidade.

  • Esiximos información sobre que prazos manexa a Administración do CADP do curso 2021/22. PUBLICARÁN A RESOLUCIÓN A FINAIS DE MES DE XUÑO

  • Solicitamos a información sobre se a Consellería está disposta a convocar prazas de asesores da Consellería de Educación. ESTÁN TRABALLANDO PERO PENDENTE DE FINALIZAR O PROXECTO.

  • Esiximos información sobre se a Administración vai a publicar a Orde de desenvolvemento do Decreto 229 de atención a diversidade xa que sería un perxuicio para o persoal opositor nestes momentos. ATA O DÍA 15 ESTÁ EN PRAZO DE ALEGACIÓNS PÚBLICAS POLO QUE NON DEBERA SAIR ATA DESPOIS DO PROCESO SELECTIVO.

  • Volvemos a esixir urxente convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral para que a Conselleira de Educación dea explicacións do requirimento da Inspección de Traballo a raíz da denuncia de CCOO o ano pasado por non ter feitas a avaliación de riscos dos postos de traballo dos centros educativos que recolle a lei de prevención de riscos. NON CONTESTADO.

  • Volvemos a solicitar que se habiliten procedementos de reclamación das taxas de inscrición nas listaxes abertas que non se publicaron finalmente por fallos na previsión da Consellería ao abrilas (mestres de primaria e educación física, orientación en secundaria…). NON CONTESTADO.

Volvemos a solicitar o mantemento das contratacións de interinos/as formalizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas de educación infantil e primaria para  cal esiximos a reunión inmediata da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos. NON CONTESTADO.