CCOO-Ensino concéntrase diante da Consellería pola recuperación do horario lectivo do profesorado galego

As delegadas de CCOO-Ensino e das outras organizacións con representación no ensino público manifestáronse unitariamente hoxe diante da Consellería, pola recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en primaria e de 18 horas en secundaria, logo da negativa da Consellería a abrir as negociacións para recuperalos. Por un traballo mellor. Non queremos traballar menos, queremos traballar mellor  

A Audiencia Nacional desestima o recurso contra o Acordo para a Mellora do Emprego Público asinado no 2017

A sentenza da sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional é unha resolución esperada na contundencia dos seus termos e que unha vez máis, dá a razón ao sindicato avalando o proceso de estabilización e declarando que a fixeza  se acada mediante o concurso-oposición. Desde CCOO confiamos en que cese dunha vez o engano e a tensión á que se está sometendo o persoal con falsas promesas, sen fundamento xurídico ningún, deixando de poñer trabas á oportunidade que ofrece o Acordo ao conxunto do persoal temporal, incluído o de maior precariedade, de adquirir estabilidade no emprego.

‌ ver infórmaTE

 

 

A conselleira de Educación négase a negociar a redución do horario lectivo do profesorado galego

Na xuntanza de hoxe, 6 de novembro, solicitada por CCOO e as outras OOSS con presenza na Mesa Sectorial co obxectivo de abrir negociacións para recuperar o horario lectivo de 21 horas para o corpo de mestres e 18 horas en secundaria e outros corpos, a conselleira de Educación, acompañada do director xeral de Centros e Recursos Humanos e do subdirector xeral de Recursos Humanos, rexeitou de forma taxativa calquera posibilidade de iniciar este proceso.

 

CCOO-Ensino e o resto das organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial solicitan á conselleira a volta ás 21 horas en primaria e ás 18 horas en secundaria

CCOO-Ensino e o resto das organizacions sindicais con representación na mesa sectorial acabamos de presentar un escrito conxunto solicitando unha reunión coa conselleira. A intención é desbloquear a súa negativa a negociar a devolución dos nosos horarios lectivos.

‌ver ESCRITO PRESENTADO

PROPOSTA DE CCOO ENSINO RESPECTO DA LISTA DE ORIENTACIÓN DO CORPO DE MESTRES: Resolvendo dúbidas ou desinformacións?

Logo da publicación do resumo da mesa por parte dunha organización sindical que contiña informacións respecto da intervención de CCOO ensino sobre a formación da lista de orientación do corpo de mestres, aínda que xa coñecida por todas e todos, vémonos na obriga de aclarar a nosa proposta.

‌ ver infórmaTE