CCOO-Ensino e o resto das organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial solicitan á conselleira a volta ás 21 horas en primaria e ás 18 horas en secundaria

Como representantes do profesorado, non podemos asumir que o Goberno negue a devolución dun dereito masivamente reclamado por un profesorado que cargou inxustamente cos efectos dos recortes ao longo destes últimos anos. 

Temos o convencemento firme de que o profesorado non entendería que a titular da Consellaría se negase a tratar este tema e para poder transmitirlle directamente as nosas demandas e procurar desbloquear unha situación que se agrava e se dirixe claramente a un conflito laboral pola falta de negociación da Consellaría.