CCOO-Ensino gaña as emendas presentadas ao informe sobre atención á diversidade no Consello Escolar de Galicia

CCOO-Ensino gaña as emendas presentadas ao informe sobre atención á diversidade no Consello Escolar de Galicia

➡️ Onte, na xuntanza celebrada no Consello Escolar de Galicia, gañáronsetodas as emendas presentadas por CCOO ao informe sobre atención á diversidade encargado polo órgano.

➡️Nestas emendas , nas que coincidimos coa maior parte das organizacións sindicais, reclamábase unha diminución de rateos, unha maior dotación de profesorado, de recursos, formación…

➡️Agardamos que a Consellaría tome nota destas propostas, e implemente as medidas que permitan avanzar na atención á diversidade no ensino galego

O 12 de decembro mobilízate pola recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas

‌ MANIFESTO POLA RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO

Recuperemos os nosos horarios lectivos, coa intención de mellorar a calidade do ensino público. Facelo é de xustiza. Conseguilo vai ser o noso obxectivo. Aplicalo será unha clara mellora para todas e todos nós como docentes mais para o ensino público en xeral. É hora de que a Consellaría de Educación escoite a nosa voz, a voz dun profesorado unido para defender os nosos dereitos e o ensino público galego. Precisamos de todas e cada un.

‌ ver VÍDEO

POLO ENSINO PÚBLICO

POLOS DEREITOS DO PROFESORADO

POLA RECUPERACIÓN DO NOSO HORARIO LECTIVO

O 12 DE DECEMBRO TODAS, TODOS E TODES Á FOLGA!!!

A Xunta de Galicia despreza un ano mais aos representantes do profesorado ao anunciar aos medios a oferta de emprego público para o vindeiro ano sen negociación previa

Como ven sendo costume todos estes anos, o presidente da Xunta anuncia a oferta de emprego público (prazas e especialidades) aos medios antes que aos representantes legais do profesorado nunha nova mostra de desprezo por estes.

CCOO_Ensino como asinante do Acordo de Emprego Público en Galicia levaba meses demandando a xuntanza da comisión de seguimento de dito Acordo para valorar o número de prazas que era necesario ofertar e as especialidades necesarias para acadar os obxectivos marcados no Acordo e a negociación posterior na Mesa Sectorial.

‌ VER INFÓRMATE

‌ VER RESUMO E CADRO ESPECIALIDADES FACILITADO NO CONSELLO DA XUNTA

O profesorado galego esta chamado á folga o 12 de decembro pola recuperación do horario lectivo.

Tras as mobilizacións do profesorado galego o pasado 21 de novembro e calada por resposta da consellería ás súas reivindicacións, CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con representación no ensino público chaman ao profesorado galego a secundar a folga convocada para o vindeiro 12 de decembro e a acudir á manifestación convocada en Compostela ese día ás 12 horas.

NON QUEREMOS TRABALLAR MENOS, QUEREMOS TRABALLAR MELLOR!!

RECUPERACIÓN DO HORARIO LECTIVO, XA!!!

SON HORAS, SON DEREITOS

‌ ver CARTAZ

‌ ver COMUNICACIÓN DA FOLGA

‌ ver XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN

 

CCOO-Ensino chama a concentrarse o xoves 21, ás 19:30 h, nas sete grandes vilas pola recuperación do horario lectivo do profesorado galego

CCOO-Ensino e as outras organizacións con representación no ensino público chaman unitariamente a concentrarse nas sete grandes cidades pola recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en primaria e de 18 horas en secundaria, logo da negativa da Consellería a abrir as negociacións para recuperalos. Por un traballo mellor. Non queremos traballar menos, queremos traballar mellor. Son horas, son dereitos!

‌ ver CARTAZ coas concentracións