A pesar das inclemencias do tempo, docentes de toda Galicia confluíron en Compostela nunha manifestación unitaria de todas as centrais sindicais con representación no ensino público que rematou diante da Consellería coa lectura do manifesto presentado xornadas atrás.
Compre que a Administración tome boa nota das reivindicacións do profesorado para a redución dunha xornada lectiva incrementada nos anos 2011 e 2012 polos gobernos autonómico e central do Partido Popular, o que permitiría incrementar os desdobres, os reforzos e a atención á diversidade, a participación dos centros en proxectos de innovación educativa.
CCOO-Ensino quere agradecer ao profesorado galego a participación nesta xornada de folga, e de modo moi especial a aqueles que se desprazaron a Compostela a pesar da meteoroloxia adversa para reivindicar así os seus dereitos.
Recuperemos o horario lectivo. XA!!
Son horas, son dereitos!!!