Novas Ensino Público
Listas provisionais de axudas aprobadas e denegadas do FAS (fondo de acción social)
Preme para acceder ao DOG coa resolución. PERÍODO DE RECLAMACIÓNS, 10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO VENRES 9 DE OUTUBRO
CCOO xunto con ANPE e CSIF solicitan xuntanza da Comisión do seguimento do acordo de Interinos
- Unha vez solicitada xa foi aceptada pola Consellería e producirase mañá ás 13:00
- CCOO pretende valorar a situación actual das listas de interinidades e substitucións, analizar as adxudicacións no CADP e valorar a adaptación do acordo de 20 de xuño de 1995 a RD31/2020 de medidas urxentes no ámbito do ensino non universitario
O Ministerio de Educación non resposta ás demandas de CCOO na Mesa Sectorial do Estado
A FECCOO demandou a apertura de negociacións para resolver as diversas problemáticas que está a padecer neste curso o ensino.
CCOO-ensino demanda á Consellería diálogo para resolver as incidencias do inicio de curso e tratar as medidas necesarias para un desenvolvemento acaído e con seguridade do curso 2020-21.
Que debo facer como mutualista de MUFACE se teño sintomas da COVID-19 ou estiven en contacto estreito cun positivo
Velaqui tes toda a información sobre como actuar nestas situacións
CCOO ensino esíxelle á Consellería de Educación a negociación sobre o teletraballo
CCOO acada un acordo sobre o teletraballo, ratificado na Mesa Xeral de Empregados Públicos no Estado, que cómpre traspor ao eido autonómico.
CCOO-Ensino denuncia que a Consellería de Educación atrasa “SINE DÍE” a valoración das traballadoras e traballadores especialmente sensibles á COVID19
CCOO-Ensino presenta un escrito solicitando a inmediata valoración das solicitudes das traballadores e traballadores e a dispensa de acudiren de modo presencial ao seu posto de traballo mentres se valora o informe. CCOO-Ensino iniciará as accións necesarias para o cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e a defensa da seguridade e a saúde das traballadoras e dos traballadores
CCOO-Ensino esixe á Consellería a apertura de negociacións para a regulación do teletraballo
CCOO-Ensino en escrito presentado hoxe demanda á Consellería a apertura da negociación da regulación das condicións laborais en situación de teletraballo nas que se contemple o horario de traballo, as xornadas e mesmo o dereito á desconexión dixital. Ademáis lémbráselle á administración que corresponde á empresa a formación das e dos seus traballadores e a dotación dos medios necesarios para desenvolver o seu traballo.
Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas
- O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, no que se pechará a aplicación Xade e non poderán, a partir desta data, introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela. +INFO
