Que debo facer como mutualista de MUFACE se teño sintomas da COVID-19 ou estiven en contacto estreito cun positivo

‌ Se ti ou calquera dos beneficiarios tedes síntomas, trátase de ASISTENCIA SANITARIA polo que despois de AILLARSE:

  • Se tes asistencia por entidade concertada:  Chama ao teu médico por teléfono ou centro de urxencias da túa entidade que sera a que avalíe segundo os síntomas. De prescribir a realización da proba debes pedir prescripción e informe ao médico para solicitar a autorización da proba á entidade
  • Se tes asistencia polo SERGAS : Chama ao teu centro de saúde ou teléfonos de saúde pública

‌ Se ti ou calquera dos beneficiarios tivechedes contacto estreito cun caso sospeitoso ou confirmado que foi comunicado como tal, despois de AILLARSE:

  • Será o SERGAS o que se porá en contacto contigo para determinar as medidas a seguir en cada caso, independentemente da túa adscrición
  • De non producirse nos 2 primeiros días o contacto debes chamar aos teléfonos específicos do servizo de saúde para valoración e posible realización das probas

‌ Se o contacto se ten producido no ámbito laboral, debes seguir as indicacións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais