Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Os cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega (Celga) poderán solicitalos todas as persoas maiores de dezaseis anos ou as que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

Ensino non presencial dos centros de ensinanzas de réxime especial a partir do mércores 27 de xaneiro

Na xuntanza co Conselleiro anunciábase que co obxectivo de reducir a mobilidade, a partir do mércores 27 de xaneiro e ata o mércores 17 de febreiro, os conservatorios de música e danza e as escolas oficiais de idiomas pasarán a un ensino de carácter non presencial. Finalmente se incrementaron os centros con esta suspensión tal e como se publica no DOG. (PREME PARA VER O DOG) O DOG PUBLICA … Ler máis

CCOO ENSINO denuncia a pasividade da Consellería de Educación fronte a nova onda da pandemia nos centros educativos

Desde CCOO Ensino, xa denunciaramos ao inicio do curso escolar que o protocolo e as medidas adoptadas pola Consellería para facer fronte á COVID-19 eran insuficientes. Nin se baixaron as ratios, nin se adoptaron todas as medidas hixiénico-sanitarias pertinentes. Alén disto, tampouco se tiveron en conta as medidas que cumpriría adoptar á volta dos períodos de vacacións.

 

CCOO Ensino esíxelle ao goberno da Xunta que aprobe con carácter de urxencia os orzamentos que inclúen a suba retributiva das empregadas e empregados públicos

Atrasar a aprobación dos orzamentos de Galicia tendo maioría absoluta no Parlamento carece de sentido, polo que o sindicato insta a aprobalos sen demora para que as empregadas e empregados públicos vexamos incrementados os nosos salarios grazas aos acordos que logramos. Cómpre lembrar que as nosas nóminas (tanto no ensino público coma no ensino concertado) veranse incrementadas en 30 € mensuais no complemento específico grazas ao acordo asinado en 2018 por CCOO.