Grazas a CCOO e ao resto de OOSS asinantes do acordo de interinos/as non será obrogatorio a presentación aos procesos selectivos

  • Reunida na tarde de hoxe, día 30 de maio, a Comisión de Seguimento do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo DO PERSOAL DOCENTE INTERINO e SUBSTITUTO dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, as catro organizacións asinantes do mesmo, CCOO, CSIF, ANPE e UGT
  • Acordamos coa Consellería que se inclúa no texto da Addenda que a retirada da obriga de presentación aos procesos selectivos é a únicos efectos da permanencia en listas.
  • Asemade, acordouse aprobar dita Addenda na Mesa Sectorial do vindeiro día 1 de xuño.
  • Lembramos ao profesorado interino que dita excepción soamente é posible grazas á sinatura das catro organizacións asinantes do Acordo.

Mesa Sectorial 26 de maio de 2022: RD integración do Profesorado Técnico de FP no corpo de Profesorado de Ensino Secundario

Na Mesa Sectorial do 26 de maio co Ministerio de Educación tratamos o borrador de Real Decreto de Integración do PTFP no corpo de PES. Este borrador recolle: 19 especialidades pasan a estar integradas no corpo de PES. Outras 10 especialidades pasan a conformar o corpo de especialistas en sectores singulares da FP. Establécense as modificacións normativas necesarias para manter … Ler máis

O profesorado interino non terá a obriga de presentarse aos procesos selectivos que se desenvolverán en xuño de 2022

COMUNICADO DE CCOO, ANPE, UGT E CSIF AO PROFESORADO INTERINO: (PREME PARA VER O COMUNICADO EN PDF)

  • O profesorado interino non terá a obriga de presentarse aos procesos selectivos que se desenvolverán en xuño de 2022. 
  • Próxima publicación da addenda do acordo de interinos firmada por CCOO, ANPE, UGT, CSIF que establece a non obrigatoriedade de presentarse a oposición para manter o posto na lista de interinos.

 

Concurso de atención preferente

Convocado concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizo, prazas de escolarización de alumnos de atención preferente.   O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución non portal de internet da consellería: http://www.edu.xunta.gal. Polo … Ler máis

Fondo de Acción Social 2022 : Axudas para atención a persoas con discapacidade

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm.
Prazo dentro do 2 ao 13 de maio
Presentarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A

RESOLUCIÓN 

Día internacional da Visibilidade Lésbica

Por que un Día Internacional da Visibilidade Lésbica?

As lesbianas somos mulleres que sumamos a orientación ás discriminacións que carrexamos por xénero, por diversidade funcional, por  racialización… Moitas delas son visibles, pero a orientación, en si, non o é.

 

Revisión das proposta de prazas ofertadas pola Consellería derivadas da Lei 20/2021 (A Mesa deste tema, queda adiada ata despois de Semana Santa)

A Consellería remitiunos onte ás organizacións sindicais as listaxes coa oferta de prazas por corpo e especialidade. A seguinte mesa sectorial será despois de Semana Santa para presentar alegacións ás prazas que nos trasladou. Desde CCOO ensino, facilitamos o acceso aos documentos para que nos poidades facer achegas sobre esta oferta envíandonos un email a ensino@galicia.ccoo.es