Todas estas prazas son derivadas da Lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Prazas computables pola Disposición Adicional 6ª:
– É aquela praza que foi ocupada de xeito ininterrompido desde antes de xaneiro de 2016 por unha persoa interina ou substituto. A praza pode estar ocupada por unha ou varias persoas ao longo deste período.
Prazas computables pola Disposición Adicional 8ª:
– Neste caso, refírese a aquela praza ocupada por unha persoa interina neste curso escolar que leve traballando na mesma ou en diferentes prazas de xeito ininterrompido desde antes de xaneiro de 2016.
Prazas para o Concurso-Oposición Extraordinario:
– Son aquelas prazas que non se computaron en ningunha das disposicións adicionais anteriores, e que cumpren o requisito de estar ocupadas desde antes de xaneiro de 2018 de forma ininterrompida por unha ou varias persoas interinas ou substitutas.
IMPORTANTE:
Para computar calquer praza (DA 6ª, 8ª e Concurso Oposición Extraordinario) a Consellería estableceu os seguintes criterios:
– A praza ten que ser estrutural
– Ten que ser a xornada completa
– Non pode ser unha praza que teña titular con reserva de posto de traballo
– Non pode ser unha praza afectada pola redución de xornada lectiva da dirección dun centro tipo A de calquer corpo agás Mestres.


