Adquisición de novas especialidades para funcionarios/as de carreira do corpo de mestres 

O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 ata o 30 de setembro de 2022 de acordo coa disposición sétima da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 3 de xullo. As … Ler máis

CCOO reclámalle ao Goberno de Sánchez salarios dignos para as empregadas e empregados públicos

A Área Pública de CCOO está cansa de esperar e esíxelle ao Goberno de España a negociación dun novo acordo salarial e de condicións de traballo que garanta o poder adquisitivo, derrogue os decretos de recortes de dereitos do 2010/12 e mellore substancialmente as condicións de traballo no sector público. Se non, intensificará as mobilizacións sen desbotar calquera medida de presión, incluída a folga.