CCOO solicita que se abra un prazo de convocatoria extraordinaria no mes de agosto para o CADP

Desde CCOO Ensino vimos de solicitar un novo prazo extraordinario no mes de agosto para realizar a petición de prestar servizos en determinados concellos e provincias ao persoal interino e substituto que presta servizos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Xa advertimos e solicitamos na mesa sectorial do 1 de xuño que o prazo non se limitase ao establecido na Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018, e fose ampliado, alomenos este ano, dado que moitos dos participantes no CADP non sabían nestas datas, nin de forma provisional, se lles fora adxudicada unha vacante, pero fomos a única organización sindical que fixo a solicitude xa nese momento e a administración non estimou unha ampliación do prazo. 

Unha vez publicado o CAPD definitivo un número importante de interinos e interinas, que viñan ocupando vacantes durante todo o curso nos últimos anos, quedaron sen adxudicación e non fixeron previamente o restricción de concello ou de provincia, perdendo este dereito recollido no acordo polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e sustituto. 

Porén, agardamos que a Consellería atenda á nosa solicitude e abra un prazo de convocatoria extraordinaria no mes de agosto para que aqueles participantes no CADP que non exerceron o seu dereito podan facelo.