Xa podes participar na segunda edición do Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo
A Internacional da Educación, en colaboración coa Rede Educación e Solidariedade e a cátedra Unesco de Educación e Saúde, puxeron en marcha en 2021 o primeiro Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo. Este ano lánzase a segunda edición deste Barómetro na que participarán 13 países, entre eles España (coordinado pola Federación de Enseñanza de CCOO).
