Novas Ensino Público
Máis contas e menos contos!
Por desgraza, debemos continuar coa serie de aclaracións sobre as desinformacións intencionadas que se están publicando sobre o Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes. Pero como di o refrán… Quen cala, outorga!
Nesta ocasión toca explicar cales son as cantidades das melloras retributivas e como se reparten entre o profesorado en función das súas características.
Convocadas as axudas para gastos por asistencia a actividades de formación
Por que asinamos o Acordo de medidas de mellora?
Dende CCOO queremos desmontar mentiras sobre o que realmente supón este acordo. Non pretendemos que o profesorado quede coa versión e interpretación que fai CCOO, pero tampouco coa que fai a organización sindical que convoca unha folga contra este acordo. O que pretendemos é que o profesorado lea o texto do Acordo e saque as súas propias conclusións.
Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a sinatura do acordo
As organizacións CCOO, ANPE e UGT-SP decidimos asinar o Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación logo das negociacións mantidas ao longo de toda a semana pasada … Ler máis
Infografía explicativa do Acordo sobre melloras do sistema educativo e das condicións laborais
Descarga a infografía explicativa de todas as novidades introducidas no "Acordo sobre melloras do sistema educativo e das condicións laborais".
A información está á túa disposición para que a valores detidamente:
- Que non te metan en polémicas
- Entende ben todo o acadado coa sinatura do acordo
- Seguimos traballando para acadar máis melloras, non se limita esta posibilidade en ningún aspecto
- Desde xa, comezamos a visitar centros para aclarar as dúbidas que poidas ter
Retribucións do persoal docente, actualizadas a outubro de 2023
Velaquí podes consultar a revista TE con todas as retribucións do persoal docente, actualizada ao mes de outubro de 2023, incluíndo a suba retroactiva do 0,5 %, froito do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, asinado por CCOO, que estaba condicionada á suba do IPC. Consulta tamén o cadro resumo (en PDF), que inclúe retribucións mensuais detalladas; descontos de … Ler máis
Suba salarial do 0,5 % retroactiva desde xaneiro
O acordo retributivo asinado por CCOO segue aportando incrementos salariais ao profesorado galego. CCOO continúa demostrando a súa utilidade.
Información adicional:
