Comezarán a traballar en marzo e a semana que vén recibiremos o calendario concreto.
Na Mesa Sectorial Docente celebrada hoxe entre o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (MEFPD) e os axentes sociais aprobáronse os catro grupos de traballo para dar comezo ás negociacións:
- Marco de Competencias Profesionais Docentes e Formación inicial do profesorado (documento marco; graos e mestrados en educación).
- Sistemas selectivos e ingreso na función docente (modelos de ingreso; titorización de prácticas e iniciación á docencia; temarios).
- Formación permanente do profesorado e sistemas e procedementos para o seu desenvolvemento profesional docente.
- Condicións do desempeño docente (xornada; ratios, apoios para necesidades específicas, desburocratización e saúde laboral).
Estes grupos funcionarán, en xeral, de forma paralela, aínda que será necesario que o primeiro defina cuestións para os traballos do segundo e do terceiro, e o cuarto farao de forma independente. Está previsto que os seus traballos comecen en marzo, polo que a semana que vén recibiremos o calendario concreto.
O A1 e a subida de nivel de todos os corpos docentes e a xubilación específica docente teñen relación con varios grupos de traballo e abordaranse transversalmente, aínda que o Ministerio relaciónaos sobre todo cos grupos segundo e terceiro.
Por suposto, para CCOO as condicións laborais do profesorado son a máxima prioridade e é urxente acordar e implantar melloras moi significativas a curto prazo. O MEFPD acepta chegar a acordos parciais para poder iniciar canto antes as tramitacións normativas concretas.
Participa e apoia o noso decálogo para un Estatuto Docente e Decente!
Xuntos e xuntas podemos conseguilo!

