Por que CCOO non asinará o XIII Convenio Colectivo?

Centros de asistencia e educación infantil

infórmaTE Infantil – Por que CCOO non asinará o XIII Convenio Colectivo?

Logo de case tres anos de negociación, é evidente que unhas táboas salariais insuficientes, supeditadas aos novos supostos recollidos na cláusula de desvinculación, non poden ser motivo para rubricar o novo Convenio Colectivo. Ademais, da análise das principais reivindicacións recollidas na plataforma sindical que presentamos os catro sindicatos de ámbito estatal despréndese que o grao de consecución é practicamente nulo e non permite dignificar as condicións laborais das traballadoras do primeiro ciclo de Infantil.