Mesa Negociadora do VIII Convenio Colectivo de Ensino Concertado. Clasificación profesional

Hoxe, día 18 de maio, celebrouse unha nova reunión da Mesa de Negociación do Convenio de Concertada, na que se continuou abordando a clasificación profesional. Desde CCOO presentamos unha redacción coa definición dos postos de traballo, recollendo a demanda máis importante do sector neste momento.

Insistimos na necesidade de engadir estes postos de traballo que están presentes nos centros e que non son recoñecidos como corresponde. Igualmente, remarcamos a nosa preocupación polas propostas presentadas, que supoñen a desaparición dos postos de coordinación do PAS e que só serven para que a patronal dispoña dunha flexibilidade total.

Pola súa banda, o resto dos sindicatos asinantes do Convenio Colectivo enviaron esta mesma mañá un documento que, aínda que recolle algunhas das propostas realizadas por CCOO, nunha primeira lectura presenta algúns aspectos que deberían ser matizados para que non se convertan nunha flexibilidade precarizadora e nunha ampliación de funcións.

Desde CCOO manifestamos a necesidade de poder avaliar este documento con detemento, especialmente nos aspectos nos que podería existir consenso. Emprazámonos a unha nova Mesa Negociadora para o vindeiro 17 de xuño.

Con anterioridade, terá lugar o día 10 de xuño unha Mesa técnica de traballo, co obxectivo de analizar e tratar de consensuar unha proposta conxunta que trasladar á citada Mesa Negociadora.

CCOO seguiremos liderando as nosas propias propostas, unha vez trasladada a información aos nosos diferentes órganos de representatividade, para a súa valoración.