Convocada a Mesa Sectorial Docente o 12 de marzo

CCOO Enseñanza buscará a mellora do anteproxecto que se abordará no próximo encontro.

Convén lembrar que algunhas das medidas propostas xa están en marcha en Galicia grazas ao “Acordo sobre medidas de mellora” (le tamén a Addenda de febreiro de 2026).
En CCOO traballamos para obter melloras reais por medio da negociación tanto co Ministerio a nivel estatal como coa Consellería a nivel autonómico.

O Ministerio convocounos o xoves 12 de marzo a unha reunión da Mesa Sectorial Docente para tratar o Anteproxecto de Lei de Xornada e Ratios.
Desde CCOO iremos a esta reunión con varios obxectivos. Por unha banda mellorar o anteproxecto de Lei nos temas específicos de xornada e ratios:

  • O calendario de aplicación da baixada de ratios xeneralizada debe ser máis rápido.
  • Deben baixar as ratios do primeiro ciclo de infantil, dos grupos mixtos, de educación especial, dos centros de educación de persoas adultas e da FP.
  • Todo o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, incluíndo por suposto tamén as necesidades de compensación educativa, deben contar tamén para baixar as ratios dos seus grupos e para incrementar os apoios especializados de PT, AL ou compensación educativa.
  • Debe regularse un incremento de recursos da Rede de Orientación.
  • Debe concretarse o que se considera lectivo de forma ampla para asegurar unha boa aplicación da norma por parte de todas as distintas administracións e asegurarse de que estas poñen todos os recursos humanos necesarios para facer realidade as reducións horarias con garantías.
  • Debe eliminarse calquera excepcionalidade que supere o límite de períodos lectivos e debería regularse a redución adicional do profesorado maior de 55 anos.

Doutra banda, esixiremos na mesa que esta norma sexa completada co resto de medidas que reivindicamos e que son urxentes para mellorar as condicións laborais e de recoñecemento do profesorado, que CCOO xa conseguiu que sexan recomendacións consensuadas de toda a comunidade educativa no Consello Escolar do Estado:

  • A1 e suba de nivel para todos os corpos docentes.
  • Xubilación específica docente anticipada e gratificada para todas.
  • Regulación da saúde laboral docente con especial atención aos riscos psicosociais.
  • Redución da burocracia e a sobrecarga de traballo.
  • Revisión dos procesos de ingreso e acceso.

Seguiremos presionando en todos os ámbitos e por todos os medios por todo o que falta.
Apoia as reivindicacións de CCOO en: estatutodecente.ccoo.es

Xuntas conseguirémolo!