Por unha mellora salarial para as persoas traballadoras do sector público: mobilizámonos!

CCOO, UGT e CSIF concéntranse en toda España polo bloqueo da negociación colectiva: por un novo acordo salarial no emprego do sector público.

CCOO, UGT e CSIF saímos á rúa o xoves, 30 de outubro, dando inicio a un calendario de mobilizacións en toda España co obxectivo de denunciar o bloqueo da negociación colectiva por parte do Ministerio de Función Pública, que impide un novo acordo salarial, entre outras reivindicacións pendentes.

Convocamos mañá a todas as persoas interesadas ás portas do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, onde se volverá a esixirlle ao Goberno que sente coas organizacións sindicais e formule unha proposta de mellora salarial para as persoas traballadoras do sector público.

Se non temos resposta, non descartamos unha xornada de folga!

Esperámoste 👇

Data: 30 de outubro de 2025, ás 12:00 horas

Lugar: Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública (r/ del Mármol, 2. Madrid) e nas subdelegacións do Goberno de cada provincia.