Convocatoria para elección de destino provisional para as persoas que superaron os procesos selectivos (PSEC)

No prazo de hoxe, 27, e mañá, 28 de xuño, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

No prazo do 29 de xuño ao 5 de xullo (ambos incluídos), as persoas aspirantes seleccionan telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

CCOO Ensino lamenta que a Consellería faga oídos xordos ante as demandas da comunidade educativa para modificar a oferta de Formación Profesional

Ao longo do día de onte publicouse na web da Consellería o documento coa oferta formativa oficial de FP para o curso 23-24.  Na súa edición dixital, un xornal dispoñía de toda a oferta procesada e incorporada a un buscador antes de que esta estivera dispoñible na web da Consellería para a súa consulta completa e agrupada. Os cambios na … Ler máis

Participación masiva nas concentracións de Vigo e A Coruña das traballadoras de escolas infantís

Centos de traballadoras de escolas infantís concentráronse esta tarde nas cidades de Vigo e A Coruña reclamando condicións dignas de traballo e o desbloqueo das negociacións coas patronais do sector.

Manifestación A Coruña – Manifestación Vigo – Vídeos 1 – 2 – 3 – 4 

O próximo xoves 29, día de folga no sector en Galicia, a cita será en Santiago de Compostela.

Convocados cursos gratuítos de galego administrativo e de preparación para Celga (PSEC)

  • Convócanse gratuítamente:
    • Cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña.
    • Cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga)
  • Terán lugar entre setembro de 2023 e maio de 2024
  • Ofertados polas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
  • Inscrición: www.eoidigital.com/preinslinguagalega

‌ Toda a información, na Resolución (DOG).

20 de xuño. Día mundial das persoas refuxiadas

Non podemos quedar de brazos cruzados e permitir que o Mediterráneo ou calquera rexión fronteiriza do mundo se converta nun lugar de desesperanza e morte. É o noso deber moral e legal acoller a todos aqueles que fuxen das penurias e da violencia e devolverlles a esperanza dun futuro mellor. Neste Día Mundial das Persoas Refuxiadas e todos os días, … Ler máis