Ao longo do día de onte publicouse na web da Consellería o documento coa oferta formativa oficial de FP para o curso 23-24.
Na súa edición dixital, un xornal dispoñía de toda a oferta procesada e incorporada a un buscador antes de que esta estivera dispoñible na web da Consellería para a súa consulta completa e agrupada.
Os cambios na oferta oficial e definitiva para o curso 23-24 son mínimos respecto da oferta levada ao Consello Galego de FP celebrado o pasado 19 de xuño.
Consulta as modificacións neste documento.

