Publicado no DOG o CXT de Orientación de Primaria

Adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe/a do Departamento de Orientación.

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes a partir do venres 8 de abril do 2022.

CXT ORIENTACIÓN

CCOO Ensino solicita á Consellería que o persoal de limpeza volva á situación previa á pandemia, respecto a horarios, funcións etc.

¡BASTA XA  DE ABUSOS!  ¿ESTAMOS ANTE UNHA NOVA NORMALIDADE OU NON? A Pandemia orixinada polo virus da COVID-19 trouxo consigo un empeoramento das condicións de traballo  de todos os traballadores e en especial do persoal limpador que presta os seus servizos nos centros educativos desta Consellería. A aplicación dos Protocolos de limpeza establecidos para os cursos 2020-2021 e 2021-2022  incrementou … Ler máis

Persoas admitidas e excluídas con carácter provisional que solicitaron a inclusión nas listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario

Revisión das proposta de prazas ofertadas pola Consellería derivadas da Lei 20/2021 (A Mesa deste tema, queda adiada ata despois de Semana Santa)

A Consellería remitiunos onte ás organizacións sindicais as listaxes coa oferta de prazas por corpo e especialidade. A seguinte mesa sectorial será despois de Semana Santa para presentar alegacións ás prazas que nos trasladou. Desde CCOO ensino, facilitamos o acceso aos documentos para que nos poidades facer achegas sobre esta oferta envíandonos un email a ensino@galicia.ccoo.es

Convocatoria de OPE Auxiliar Coidador/a, entre outras