O informe xurídico de CCOO deixa claro que as prazas de reposición e estabilización por concurso-oposición deben convocarse xuntas co novo modelo
O sindicato, maioritario no sector do ensino, esíxelle ao Ministerio de Educación e FP que coordine as administracións educativas, como é a súa responsabilidade, clarifique esta cuestión no sentido adecuado e arranxe o caos xerado.
