¡BASTA XA DE ABUSOS! ¿ESTAMOS ANTE UNHA NOVA NORMALIDADE OU NON?
A Pandemia orixinada polo virus da COVID-19 trouxo consigo un empeoramento das condicións de traballo de todos os traballadores e en especial do persoal limpador que presta os seus servizos nos centros educativos desta Consellería.
A aplicación dos Protocolos de limpeza establecidos para os cursos 2020-2021 e 2021-2022 incrementou a carga de traballo deste colectivo xa de por si excesiva posto que, en condicións normais, cada traballador ten atribuido a limpeza de 1.800 metros cadrados de superficie ao que hai que engadir a limpeza de paramentos verticais, mesas, ventás, ordenadores etc.
Ditos Protocolos, nas dúas versións, estableceron a limpeza exhaustiva de superficies tales como escaleiras, portas, pasamáns e no caso de baños hasta dúas ou tres veces na xornada e a limpeza, desinfección e ventilación entre quendas que se poidese establecer nas aulas. Todo isto multiplicou por dous e por tres as limpezas ordinarias o que supuxo unha sobrecarga excepcional para os/as traballadores/as que repercutiron, en moitos casos, na súa saúde.
Este persoal, que estivo dende o primer momento na primeira liña da loita contra a transmisión do virus, levou a cabo o seu traballo con grande risco de contaxios ao ter que desenvolvelo en medio de alumnos, profesores, outros traballadores e público en xeral, sen que en ningún momento o seu esforzo se vira recompensado con ningún tipo de complemento como si ocurríu noutras Consellerías con motivo dos servizos prestados durante a pandemia do COVID-19.
Os escasos reforzos, con contratacións de persoal a media xornada, non foron suficientes para paliar o acúmulo de traballo co cal as/os compañeiras/os tiveron que asumir a limpeza dos espacios do persoal que veu a súa xornada modificada.
O Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia no seu apartado 4.1 recolle que "Nos supostos no que existan varias persoas dedicadas a tarefas de limpeza, unha delas realizará total ou parcialmente a súa xornada na quenda de mañá, podendo realizarse rotacións no uso das quendas. Cando as tarefas de limpeza se realicen por unha única persoa realizará parte da súa xornada (polo menos 1/3) en xornada de mañá" . En virtude desto, as condicións de traballo (quendas) foron modificadas unilateralmente pola Consellería obrigando ao persoal a pasar, total ou parcialmente, á quenda de mañá o cal impedíu o dificultou a conciliación de súa vida laboral ca persoal e familiar.
Dende o 31 de marzo os reforzos para a limpeza dos centros remataron porque entendemos que a Consellería xa non os considera necesarios ante a nova "normalidade". Sen embargo, as direccións dos centros manteñen as modificacións dos horarios sen ningún tipo de negociación, explicación ou xustificación aparte do mencionado Protocolo.
Por tanto CCOO, en escrito dirixido á Consellería solicita a volta a "normalidade" e se anule no Protocolo o establecido para o persoal de limpeza, en especial o punto polo que se lles impón a modificación da súa xornada laboral, e que lles está impedindo manter o seu dereito a desempeñar á súa labor nas condicións nas que o viñan facendo.
Asi mismo, se lle solicita a Consellería que se deixe de facer modificación de horarios e cambios de quenda de traballo, que ademáis de ser ilegal, non permiten cumplir coa rateo establecida.
CCOO pide que se den as instruccións necesarias as dirección dos centros para que isto se cumpla ao igual que as mandaron cando apareceu a pandemia e se ordeou o cumprimento do Protocolo.