Fondo de Acción Social 2022 : Axudas para atención a persoas con discapacidade

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm.
Prazo dentro do 2 ao 13 de maio
Presentarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A

RESOLUCIÓN 

Buzóns OPE extraordinaria 2022 enviados por Función Pública (actualizados a 29 de abril)

Buzón 1 : Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión con anterioridade ao 01/01/2016 (<01/01/2016). Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.  Total 4098 postos. PREME PARA VER O DOCUMENTO   Buzón 2: Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma … Ler máis

Mesa Sectorial 27/04/2022

Intervención de CCOO: Currículo Educación Primaria –  Antes de comezar coas aportacións concretas deixamos constancia dende CCOO dúas cuestións: A oposición de CCOO a que no currículo se inclúa o ensino das relixións. A necesidade de negociar unha baixada de rateos para poder abordar os currículos con criterios de calidade educativa que permita unha ensinanza individualizada na que realmente se poida … Ler máis

Sorteo dos docentes que serán membros dos tribunais das oposicións.

Publicación do resultado do sorteo dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o ingreso e acceso a corpos docentes do ano 2022 PRIMARIA SECUNDARIA Causas de recusación ou abstención: ‌  É OBRIGATORIO PARTICIPAR NOS TRIBUNAIS DE OPOSICIÓNS?  A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8º.3 do Real decreto 276/2007, do … Ler máis

Toda a información da Mesa Sectorial de 26/04/2022

Intervención Mesa Sectorial 26 de abril de 2022 Concurso méritos escolarización alumnado atención preferente Solicitamos negociación previa para dotar de persoal definitivo de atención á diversidade a centros onde se ven repetindo de modo sistemático estas necesidades e levan funcionando ano tras ano aulas específicas de NEAE para así dar estabilidade aos cadros de persoal. Da mesma forma, instamos de … Ler máis