Intervención Mesa Sectorial 26 de abril de 2022
-
Concurso méritos escolarización alumnado atención preferente
-
Solicitamos negociación previa para dotar de persoal definitivo de atención á diversidade a centros onde se ven repetindo de modo sistemático estas necesidades e levan funcionando ano tras ano aulas específicas de NEAE para así dar estabilidade aos cadros de persoal.
-
Da mesma forma, instamos de novo á Administración á dotación de departamentos de orientación a todos os centros completos así como de considerar as unidades de infantil para dotar de persoal especialista en AL.
-
Unha vez conseguidos estes obxectivos, no resto de centros onde puidera haber casos puntuais, é onde sería adecuada sacar as comisións de adscrición temporal por atención preferente.
-
Demandamos que se incorporen ás prazas que se poden producir durante as próximas semanas nos centros ao coñecer as características do alumnado que obtivo praza no mesmo así como as prazas de concursos anteriores que poidan non ser renovadas polos docentes que foron adxudicadas nelas.
-
Esiximos ampliar o prazo de 5 a 8 días hábiles para presentar solicitudes.
-
Consideramos que o prazo de renuncia e reclamacións debe ampliarse de 3 a polo menos 5 días. A renuncia non debería, así mesmo, implicar todas as peticións realizadas.
-
Consideramos que se debe modificar o decreto que limita a seis anos a duración destas comisións, mentres isto non suceda, solicitamos que se busque unha fórmula para que as prazas de atención preferente abrangan a totalidade da escolaridade obrigatoria do alumnado.
-
Non compartimos que non se valore o CAP ou máster que habilita para o exercicio de PES xa que non é unha formación requirida para acceder ao corpo de mestres. Xa se incorporou no baremo dos procedementos selectivos e debe incorporarse aquí. ACEPTAN
-
Consideramos que debería ser valorado a experiencia na especialidade de orientación educativa
-
Solicitamos que debería valorarse a experiencia previa coa mesma necesidade concreta que a que corresponde a vacante (centros específicos, aulas específicas, atención preferente)
-
Entendemos que non debera puntuar do mesmo xeito o feito de posuír titulacións que teñan relación coas prazas ofertadas que calquera outro título.
-
Solicitamos que se recoñezan con maior puntuación as actividades de formación relacionada directamente coa necesidade educativa concreta a que corresponda a vacante.
-
Nas vacantes ofertadas hai determinados centros no que non aparece o tipo de necesidade concreta que se demanda. Non se inclúe a tipoloxía da praza que se necesita. Por exemplo o CEIP O Grupo de Ribeira.
-
A orde non chegou coa antelación suficiente para poder contactar coa totalidade dos centros para recoller as súas emendas concretas.
A ADMINISTRACIÓN NOS TRASLADA QUE PODEREMOS ENVIAR ACHEGAS AO LONGO DE TODA A SEMANA
NON CONTESTAN A NINGUNHA ENMENDA MÁIS
-
Anteproxecto Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ás prazas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro
-
Denunciamos que a resposta da administración sobre a proposta sindical de vacantes para estes procesos achegóusenos demasiado tarde (menos de 24 horas da mesa), e como xa ven sendo tristemente habitual, foi presentada á prensa antes de acometer a “negociación” na mesa sectorial ninguneando aos representantes dos seus traballadores/as.
-
Mantemos importantes discrepancias no que respecta á oferta de prazas de estabilización a concurso oposición, xa que consideramos que deben incorporarse bastantes prazas máis que as que recolle a Consellería. É intolerable unha oferta tan reducida, de tan só 125 prazas de estabilización. En consecuencia CCOO estudiará todas as alternativas legais para asegurar unha maior oferta, incluído recorrer xudicialmente o Decreto da oferta.
-
CCOO volverá a remitir a Administración a proposta de novas prazas que deben incorporarse aos procesos de estabilización.
-
Tras o dítame do Consello de Estado que veu a enturbar todo o proceso de concurso oposición dos anos seguintes, a Consellería debe aclarar como pretende compatibilizar ambas convocatorias.
A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE NON TEN INTENCION PREVISIBLEMENTE DE CONVOCAR PROCEDEMENTO SELECTIVO ORDINARIO NO ANO 2023
-
CCOO non vai avalar ningunha proposta que pase por non ofertar conxuntamente coas prazas de estabilización do concurso oposición, todas as prazas de reposición no ano 2023 para que non haxa ningunha diminución do profesorado.
REXEITADO. A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE O ANO QUE VEN PREVISIBLEMENTE CONVOCARÍA CONCURSO OPOSICIÓN EXTRAORDINARIO (PRAZAS DE ESTABILIZACIÓN) E NON CONCURSO OPOSICIÓN ORDINARIO (PRAZAS DE REPOSICIÓN).
-
CCOO segue esixindo, como xa fixo na mesa sectorial estatal, e como indican os informes realizados polos nosos servizos xurídicos, que tanto as prazas de reposición e de estabilización deben convocarse conxuntamente dacordo co sistema transitorio que recolle o Real Decreto 220/2022 con probas simplificadas e non eliminatorias.
-
CCOO solicita información sobre o calendario que ten previsto a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a convocatoria do Concurso de Méritos extraordinario.
A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE ESTÁ AGARDANDO A RESOLVER VARIOS ASPECTOS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE MÉRITOS COA ASESORÍA XURÍDICA DA XUNTA DE GALICIA PARA PODER COMEZAR A NEGOCIALA NA MESA SECTORIAL.
-
Rogos e preguntas
– A menos de tres meses dos procedementos selectivos e aínda que as medidas des seguridade e saúde se relaxaron moito seguimos “oficialmente” en pandemia. Parece recomendable establecer un pequeno protocolo para definir que medidas se van a utilizar no desenvolvemento das probas do procedemento selectivo. Hai que garantir as precaucións sanitarias básicas para tribunais e aspirantes: respecto de aforos e distancia interpersoal con poucos aspirantes por tribunal, necesidade de ventilación nos lugares de realización, etc.
– Esiximos, tras os cambios introducidos a nivel estatal sobre o uso da máscara en interiores, que se suma a non identificación de contactos, uso da mascara nos patios, etc, que se acometa unha modificación e actualización do protocolo de adaptación ao contexto covid negociado tanto en mesa sectorial como en comité intercentros de seguridade e saúde laboral.
– Solicitamos información sobre o CADP deste curso, sobre todo a posibilidade de que a adxudicación definitiva de corpos de secundaria se adiante a agosto.
A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE EFECTIVAMENTE A RESOLUCIÓN DEFINITIVA SE PUBLIQUE A INICIOS DE AGOSTO
– Preguntamos sobre cando ten previsto a administración convocar ás organizacións sindicais para a celebración da comisión avaliadora da resolución provisional do PIALE.
– Volvemos a esixir que se acometa unha actualización dos anexos dos centros de especial dificultade, como xa fixemos anteriormente, como actualizar as novas unitarias, as unidades específicas de educación especial e incorporar por suposto as aulas hospitalarias.
– Preguntamos se a administración ten previsto e cando convocar licenzas de formación, convenio… para o curso que ven.
NON RESPONDEN AO RESTO DE ROGOS E PREGUNTAS

