Táboas salariais do ensino non regrado do curso 2021-22
Actualización das táboas salriais do ano 2022
Actualización das táboas salriais do ano 2022
O texto foi subscrito polas organizacións empresariais CECAP, CECE, ACADE- FECEI e ANCED en representación das empresas do sector, e polo sindicato FECCOO en representación dos traballadores. O convenio ,que estará vixente ata o 31 de decembro de 2022, afecta todas as empresas privadas que se dediquen a impartir ensino e formación non regrada, xa sexa presencial, a distancia, semipresencial … Ler máis
Na conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, queremos lembrar que o veto do grupo parlamentario do BNG impediu que a Cámara autonómica aprobara unha declaración institucional proposta por CCOO para lembrar o 50.º aniversario das loitas obreiras de 1972 —o 10 de marzo en Ferrol, en setembro en Vigo—. Precisamente, este 2022 cúmprense 25 anos da declaración institucional unánime pola que o Parlamento de Galicia declarou o 10 de Marzo como Día da Clase Obreira Galega.
Nesta mesa tratouse:
1. Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da
educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Rogos e preguntas
CCOO e UGT reiteramos a nosa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Así mesmo, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e especialmente coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e cos traballadores e traballadoras ucraínas que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.
CCOO e UGT esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que a acción bélica pare de maneira urxente e as tropas rusas se retiren do territorio ucraíno —que ocuparon violando a legalidade internacional— e se restitúa a paz.
Facemos, por iso, un chamamento aos traballadores e ás traballadoras de España a que o MÉRCORES, 9 DE MARZO, se manifesten de maneira silenciosa na entrada dos seus centros de traballo de 12:00 a 12:05 horas, solidarizándonos así co pobo de Ucraína, pedindo o cesamento do fogo e a inmediata retirada de tropas rusas do país.
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, Orientación (597039) Resolución do 08 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura … Ler máis
Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de FP (591) Resolución do 8 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a … Ler máis
Retomamos as charlas que desde CCOO ensino facemos nas universidades informando sobre os procesos selectivos docentes e outras cuestións de interese.
A CORUÑA: Reunión telemática por Teams. Mércores 16 de marzo ás 12:00
FERROL: Salón de actos Concepción Arenal, campus de Ferrol. Xoves 17 de marzo de 11:30 a 14:00
LUGO: Salón de actos da facultade de CC da Educación. Xoves 17 de marzo de 11:30 a 13:30
OURENSE: Aula Emilia Pardo Bazán, Edificio Ferro. Mércores 16 de marzo ás 11:30
PONTEVEDRA: Salón de graos da facultade de Ciencias Sociais. Martes 15 de marzo de 11:00 a 12:00
SANTIAGO DE COMPOSTELA: Facultade de CC da Educación, aula 12, facultade de farmacia, campus sur. Mércores 16 de marzo de 11:30 a 13:30 e Xoves 17 de marzo de 11:30 q 13:30
VIGO: Salón de graos da facultade de CC económicas e empresariais, campus Vigo. Martes 15 de marzo de 11:00 a 12:30