Intervención Mesa Sectorial 09/03/2022
Desde CCOO valoramos:
-
A necesidade de abordar unha negociación para a redución de rateos en EI. Para ter unha boa atención individualizada a rateo de 25 é excesiva. Desde CCOO propomos unha redución a 15. REXEITADO. RESPONDEN QUE NON É OBXECTO DE DECRETO DE CURRÍCULO
-
Positivamente o recoñecemento do carácter educativo de toda a etapa, porén quedan inconcrecións no que se refire ao primeiro ciclo, tanto no que se refire á súa organización como ao currículo. A LOE recolle que lles corresponde ás administracións educativas adaptar o establecido na lexislación ás características dos centros que imparten unicamente o primeiro ciclo de educación infantil. ARGUMENTAN QUE PARTICIPARON NO SEU DESENVOLVEMENTO EDUCADORES DO 1º CICLO.
-
Demandamos que a Consellería de Educación asuma o primeiro ciclo e garanta a súa gratuídade. REXEITADO. RESPONDEN QUE NON É OBXECTO DO DECRETO.
-
Demandamos que se faga referencia explícita ao período de adaptación no currículo. REXEITADO. RESPONDEN QUE NON É OBXECTO DE DECRETO DE CURRÍCULO
CCOO esixe dentro dos principios xerais:
-
Que se inclúa no articulado “as familias colaborarán estreitamente e comprometeranse co traballo cotiá dos seus fillo/as e coa vida dos centros educativos” tal e como vén recollido na LOMLOE.
CCOO demanda engadir nos obxectivos xerais da etapa dous novos apartados:
-
Valorar e respectar a diversidade humana derivada dos distintos factores, incluídos os afectivo-sexuais e os de xénero, así como os diferentes tipos de familias.
-
Promover o uso do galego.
CCOO reclama que dentro das competencias clave, a denominación da competencia emprendedora (CE) se amplíe en competencia en iniciativa, imaxinativa, creativa. REXEITADO. MANTEÑEN A DENOMINACIÓN PREEXISTENTE
CCOO esixe suprimir na autonomía dos centros a posibilidade de ampliación do calendario escolar ou do horario lectivo de áreas. O calendario escolar establécese anualmente e pode modificarse de entenderse necesario. Con respecto ás áreas, nun ensino globalizado non ten sentido esta referencia xa que pode chegar a implicar un déficit nalgunha outra área.
CCOO aboga por suprimir dentro dos principios pedagóxicos a alusión a especialmente no último ano en referencia a unha primeira aproximación á lingua estranxeira, partindo de que se debe fomentar, e dotar de recursos, en toda a etapa de EI.
CCOO demanda incluír dentro dos elementos transversais o coñecemento da diversidade familiar existente.
CCOO esixe engadir na atención á diversidade que a Consellería debe garantir os recursos humanos (profesorado e persoal de apoio, PT, AL,…) e materiais precisos para a atención ás diferencias individuais, así como as unidades de EI conten á hora de dotación dun departamento de Orientación nos centros. REXEITADO. ARGUMENTAN QUE NON VAI DENTRO DO DECRETO DE CURRÍCULO.
CCOO demandamos que conste explícitamente a necesidade de coordinación entre ambos os dous ciclos da etapa de EI, xa que normalmente se desenvolven en centros diferentes.
CCOO solicita modificar no articulado a denominación de “detención temperá das dificultades” por “distintas capacidades” a prol duha linguaxe positiva.
CCOO considera que se debe modicar a referencia a centros de EI por centros que escolaricen alumnado de EI, xa que este alumnado non só está escolarizado en centros de EI específicos.
CCOO entende que no artigo que fai referencia ás bibliotecas escolares e aproximación á lectura, habería que facer mención da necesidade de ter bibliotecas de aula, así como a necesidade de regular un horario obrigatorio de adicación á biblioteca dentro de horario lectivo e non deixalo á dispoñibilidade de cada centro. REXEITADO. ADUCEN A DIVERSIDADE DOS CENTROS, Á SÚA AUTONOMÍA E ORGANIZACIÓN.
CCOO valora que debería incorporarse algunha referencia á alimentación saudable.
CCOO no referente ás ensinanzas de relixión aboga por suprimir este apartado, dado que partimos que o ensino da relixión debería estar fóra dos centros educativos, e con máis razón na etapa de EI, dado que a LOE non estipula que deba ofecerse nesta etapa, abogando polo traballo de valores básicos como aprender a compartir e o respecto de diferentes culturas.
CCOO demanda a supresión da disposición adicional 3ª referente aos días lectivos porque veñen definidos por lei e concretados no calendario. REXEITADO
No referente ao ANEXOS I abogamos por: VALORARÁN AS ACHEGAS REALIZADAS
-
Dentro das competencias clave da EI engadir o desenvolvemento de habilidades e destrezas necesarias para a adquisión de compentecias clave.
-
Modificar a competencia emprendedora por competencia creativa.
-
Dentro da competencia cidadá engadir a diversidade familiar.
No ANEXO II consideramos: VALORARÁN AS ACHEGAS REALIZADAS
-
Engadir en crecemento e harmonía “ é imprescindible unha boa educación afectivo -sexual desde a infancia para aprender a ser seres sexuados, para medrar sen medos e para respectar ás demais persoas”, valorando a importancia dunha boa educación sexual.
-
Engadir tamén o concepto de diversidade sexual o que supón abrazar toda diversidade de sexo e xénero.
-
Engadir o concepto de diversidade no obxectivo que cita a importancia da amizade, do respecto, da diversidade e da empatía.
-
Engadir a diversidade familiar dentro dos contidos, así como o coñecemento, valoraciónn e respecto dos diferentes tipos de familia.
– A Consellería avanzou na Mesa que as programacións de todas as etapas terán un soporte informático onde realizarse e facer o seu seguemento.
2. Rogos e preguntas
-
Instamos a que se cubran todas as baixas de substitucións indepentemente da súa duración e que non se elimine ningunha vacante de baixas cargadas polos centros por parte da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. NON CONTESTAN. TRASLADARÁN O ROGO Á DIRECCIÓN XERAL CORRESPONDENTE.
-
Demandamos información sobre a negociación das especialidades e número de prazas que a Consellería ten previsto ofertar no concurso de méritos extraorinario de ingreso á función pública docente a final deste ano. NON CONTESTAN. TRASLADARÁN O ROGO Á DIRECCIÓN XERAL CORRESPONDENTE.
-
Esiximos que a Consellería cumpla a lexislación vixente e que acometa dunha vez por todas a realización do Plan de Igualdade que afectaría ás traballadoras e traballadores da Consellería ao cal está obrigada por lei.
-
Insistimos na necesidade dunha circular aclaratoria sobre que aspectos da lexislación derivada da LOMLOE e das normas COVID poda ser susceptible de proceso selectivo por parte dos tribunais. NON CONTESTAN
-
Solicitamos unha actualización das indemnizacións por razón do servizo en concepto de compensación por desprazamento ante o incremento do prezo dos carburantes, considerando que tal cuantía (0,19 euros/km) leva invariable dende fai máis de 20 anos.NON CONTESTAN
-
Demandamos información sobre a publicación en DOG do Decreto de nomeamento de Direccións que foi levado a mesa fai case un ano, e solicitamos que se nos convoque para tratar a nova orde de nomeamento para este curso.
-
Solicitamos información da transformación previstas dos IES en CIFP. CONFIRMAN QUE ESTÁN CONTEMPLANDO TRASLADOS DE ENSINANZAS POR CREACIÓN DE CIFP EN VARIAS LOCALIDADES (VILAGARCÍA DE AROUSA, PONTEVEDRA,…), PERO NON CONCRETAN SE SERÁ O CURSO SEGUINTE OU POSTERIORES.
-
Esiximos información sobre que modalidades de Bacharelato serán implantadas en cada centro, nomeadamente a modalidade Xeral. RECOÑECEN QUE HABERÁ QUE TOMAR DECISIÓNS DE QUE CENTROS TERÁN O BACHARELATO XERAL. NAS CIDADES UN CENTRO OU DOUS DE REFERENCIA. NO ÁMBITO RURAL VALORARÁN UNHA MAIOR OFERTA PARA PODER COMPENSAR A OPTATIVIDADE DO BACHARELATO XERAL DE CENTROS DE CIDADE.
-
Demandamos información sobre os ROCs. AGORA O QUE TOCA SON OS CURRÍCULOS PERO ESTÁN TRABALLADOS E, UNHA VEZ SE FINALICE CON ELES, PODERANSE ABORDAR OS ROCS
-
Solicitamos que se nos pase cunha antelación suficiente o resto de borradores de decreto de currículums que están pendentes (primaria, secundaria, bacharelato) para que a comunidade educativa poida ser partícipe facendo as achegas que consideren pertinentes. NON CONTESTAN

