10 de marzo: 50 aniversario do Día da Clase Obreira galega
Na conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, queremos lembrar que o veto do grupo parlamentario do BNG impediu que a Cámara autonómica aprobara unha declaración institucional proposta por CCOO para lembrar o 50.º aniversario das loitas obreiras de 1972 —o 10 de marzo en Ferrol, en setembro en Vigo—. Precisamente, este 2022 cúmprense 25 anos da declaración institucional unánime pola que o Parlamento de Galicia declarou o 10 de Marzo como Día da Clase Obreira Galega.
