Esixímoslle á Xunta de Galicia que non paralice os chamamentos

A Consellería de Educación, dentro da súa prexudicial política economicista, non está a cubrir as baixas laborais que se están producindo esta semana. Temos a constancia do borrado das baixas por parte da Consellería. Os problemas de persoal nas aulas son unha constante e a situación está a empeorar. Deixando de lado as súas obrigas, a Consellería de Educación, demostra unha vez … Ler máis

CCOO solicita ter unha xuntanza coa Consellería de Educación

En CCOO volvemos solicitar unha reunión co director xeral de Centros e Recursos Humanos para trasladarlle as demandas pendentes dos traballadores e traballadoras do ensino concertado. Despois de doce anos de bloqueo e supresión de dereitos, entre os que cabe salientar o Acordo de mantemento de emprego, a paga de antigüidade, a xubilación parcial, a equiparación salarial, a redución de xornada lectiva ao profesorado de
secundaria, etc., transcorreu máis dunha década desde os últimos acordos asinados coa Administración. Daquela gobernaba o bipartito.

Neste longo período producíronse transformacións que é necesario resolver na negociación tripartita (traballadores, Administración e patronais). Necesidade que en Galicia se volve máis urxente porque esta comunidade retrocedeu respecto das condicións que se aplican no ensino concertado do resto do Estado.
Somos a única comunidade en que non existe un só acordo que mellore as condicións dos traballadores do sector.

Seguimos apelando ao diálogo e a negociación. Gustaríanos topar máis receptividade e disposición da Administración da manifestada ata o de agora.

Convocatoria e axuda para inscribirse nas oposicións 2022

ORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de … Ler máis

Curso de prevención de riscos laborais

Publicada resolución provisional Concurso Xeral de Traslados

Publicada resolución provisional Concurso Xeral de Traslados PRIMARIA SECUNDARIA ORIENTACIÓN   O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 1 de marzo de 2022, ambos incluídos.   PROCEDEMENTO PARA FACER RECLAMACIÓNS: 1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt 2.-Na opción Participación … Ler máis

CCOO reclama da USC que desista da intención de nomear funcionarios interinos no ámbito de proxectos

O acordo para a reforma laboral  acadado a finais de decembro entre CC.OO e UGT co Goberno e a CEOE plasmado no Real Decreto-lei 32/2021 vén a modificar de xeito substancial o marco legal das contratacións laborais, tamén na USC; suprimindo o contrato por obra ou servizo e establecendo o contrato indefinido como a relación laboral ordinaria.  Este acordo ratificado … Ler máis