Campaña de redución da carga lectiva. Máis docentes!

#RepartirÉMellorar. Melloremos a educación!

A redución dos períodos lectivos esixida comporta a contratación no ámbito estatal de 13.278 profesores e profesoras de secundaria, FP e réxime especial, e 14.833 mestres e mestras. En total, o sindicato pide a incorporación de 28.111 docentes neste concepto, o que supón un incremento dun 5,61 % do cadro de persoal.

O RD 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público aumentou, con carácter xeral e básico, o horario lectivo do profesorado. A Federación do Ensino opúxose desde o principio a esta medida e leva loitando desde entón pola súa reversión.

Desde CCOO esiximos que a redución a 18 e 21 períodos lectivos se regule e se leve a cabo co mesmo carácter básico para todo o persoal docente en todo o territorio. A redución do horario lectivo é indispensable para mellorar as condicións do profesorado e repercute nun aumento da calidade educativa, facilita as tarefas de coordinación pedagóxica, convivencia, titoría, reforzos, atención a familias, o impulso de proxectos educativos, a revisión de materiais, etc.