É imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade

CCOO e UGT reiteramos a nosa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Así mesmo, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e especialmente coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e cos traballadores e traballadoras ucraínas que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.

CCOO e UGT esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que a acción bélica pare de maneira urxente e as tropas rusas se retiren do territorio ucraíno —que ocuparon violando a legalidade internacional— e se restitúa a paz.

Facemos, por iso, un chamamento aos traballadores e ás traballadoras de España a que o MÉRCORES, 9 DE MARZO, se manifesten de maneira silenciosa na entrada dos seus centros de traballo de 12:00 a 12:05 horas, solidarizándonos así co pobo de Ucraína, pedindo o cesamento do fogo e a inmediata retirada de tropas rusas do país. 

Relación provisional de admitidos e excluidos da lista de Orientación Mestres

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, Orientación (597039) Resolución do 08 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura … Ler máis

Relación definitiva de admitidos e excluídos das listas de especialidades PES e PTFP

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de FP (591) Resolución do 8 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a … Ler máis