Campaña de vixilancia da saúde para o persoal dos centros educativos 2020-21

‌ É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

‌ A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará logo da solicitude das persoas interesadas. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

‌ A inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na seguinte ligazón: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal 

Mais información na seguinte ligazón

CCOO-Ensino esixe á Consellería a apertura de negociacións para a regulación do teletraballo

CCOO-Ensino en escrito presentado hoxe demanda á Consellería a apertura da negociación da regulación das condicións laborais en situación de teletraballo nas que se contemple o horario de traballo, as xornadas e mesmo o dereito á desconexión dixital. Ademáis lémbráselle á administración que corresponde á empresa a formación das e dos seus traballadores e a dotación dos medios necesarios para desenvolver o seu traballo.

CCOO-Ensino demanda a Consellería a realización das probas da COVID-19 a todas e todos os traballadores aos que non se lle realizou, incluídos os temporais

En escrito presentado á Conselleria, CCOO-ensino demanda  se  proceda a realizar o cribado da COVID-19 a todo o persoal que aínda non se lle realizou, nomeadamente ( PSEC, profesorado interino e substituto) dando así cumprimento ao establecido no apartado 2.1 do protocolo de adaptación dos centros escolares ao contexto da COVID-19

CCOO-Ensino denuncia que a Consellería de Educación atrasa “SINE DÍE” a valoración das traballadoras e traballadores especialmente sensibles á COVID19

CCOO-Ensino presenta un escrito solicitando a inmediata valoración das solicitudes das traballadores e traballadores e a dispensa de acudiren de modo presencial ao seu posto de traballo mentres se valora o informe. CCOO-Ensino iniciará as accións necesarias para o cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e a defensa da seguridade e a saúde das traballadoras e dos traballadores

O profesorado interino de Secundaria que obteña praza no CADP será nomeado con efectos do 16 de setembro

CCOO-Ensino rexistrou no día de hoxe un escrito solicitando o nomeamento para este profesorado a 16 de setembro, dado que a orde do CADP no seu artigo 41 establece que non pode haber interrupcións nos nomeamentos deste persoal. A Consellería publica na súa web que  "o persoal interino con nomeamento en vigor que remate este nomeamento o día 15 de setembro de 2020 e obteña un destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais, os efectos do novo nomeamento serán desde o 16 de setembro de 2020 ata o 15 de setembro de 2021".