#EscolaContraCOVID Concentracións o día 16 por un ensino presencial seguro

  CIG, CCOO, STEG e CSIF convocamos mobilizacións en todas as cidades e principais vilas galegas para o mércores 16 ás 19 h. e FOLGA o mércores 23 de setembro para todos os centros docentes nos que se imparten ESO, bacharelato, FP, ensinanzas de idiomas e de réxime especial e aos que a Consellaría lles modificou o inicio da actividade … Ler máis

Un inicio de curso catastrófico: o afundimento da Consellería de Educación

O pasado día 10 comezou o curso escolar en primaria, con numerosas aulas onde había 25 nenos e nenas e sen as medidas axeitadas para garantir a saúde do alumnado así como do profesorado e do resto de traballadoras e traballadores dos centros educativos. Alén disto, a día de hoxe, non están os cadros de profesorado completos, o que complica máis se cabe este … Ler máis

Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, no que se pechará a aplicación Xade e non poderán, a partir desta data, introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela. +INFO