A Consellería reacciona diante da convocatoria de folga para o inicio de curso.

A reacción da Consellería de Educación ante a convocatoria de folga concrétase en tres aspectos:

  • Anticipación en 7 días da publicación do protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros educativos de Galicia.

  • Incorporación do alumnado  de xeito escalonado ás aulas.

  • Criterio de distancia de 1,5 metros na ESO e Bacharelato.

CCOO-Ensino considera estes cambios totalmente insuficientes e demanda a apertura de negociacións cos axentes sociais e comunidade educativa para buscar solucións ás eivas que contén o protocolo.