Mes: Xuño 2019
HORARIO DE VERÁN 2019 PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL
Horario de verán, período de aplicación do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos os dous inclusive):
Horario oficial:
Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
Distribución das persoas opositoras por Tribunais
CORRECCIÓN ERROS: CAMBIO DE OPOSITORAS inclúen unha persoa no Tribunal 3 de Primaria (Pontevedra) e outra no Tribunal 19 de Infantil (Lugo).
Aquí pódese consultar as sedes e horarios dos diferentes Tribunais.
Lembramos que o proceso selectivo comeza o 22 de xuño ás 9:00 horas co acto de presentación, obrigatorio e excluínte.
CCOO ensino denuncia irregularidades na ABAU e esixe que se asuman responsabilidades na CIUG pola nefasta xestión da proba de Filosofía
RESUMO DA XUNTANZA DO CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL do 11 de Xuño de 2019
O pasado martes celebrouse a xuntanza do CGFP na que entre outras cuestións tratouse a oferta formativa de Formación profesional para o vindeiro curso académico.
Dada a premura de tempo coa que se nos trasladaron as ordes de oferta e despois de solicitar un adiamento da xuntanza por parte das tres organizacións sindicais presentes neste órgano e non ser concedido, valorouse a posibilidade de non acudir ao mesmo.
CCOO decide acudir á xuntanza por dúas cuestións, este non é un organo que compete unicamente á Consellería de Educación e ademais é o único foro no que se pode tratar a oferta formativa, dado que esta non pasa por outros órganos con presenza sindical. A ausencia ao mesmo impediría debater as cuestións relacionadas coa mesma.
CCOO rexeita, e asi o manifestou na xuntanza, as formas que se veñen repetindo ano tras ano de trasladar o debate da oferta formativa por parte da Consellería de Educación.
Criterios para a determinación de vacantes no Concurso de Traslados
Na acta que reflicte a xuntanza da Comisión Técnica para decidir as vacantes do CXT celebrada o 9 de abril figuran os criterios empregados pola administración para determinar as vacantes que se proveeron no pasado Concurso Xeral de Traslados.
A aplicación destes criterios e as demandas que lle trasdalamos á Consellería, permitiron o incremento en case mil prazas da oferta inicial de vacantes da administración
LUGARES, DATAS E HORAS DA PRESENTACIÓN E PRIMEIRA PROBA DOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS.
Lembramos que acudir ao acto de presentación é obrigatorio, e condición para poder realizar a primeira proba.
O acto dé presentación terá lugar o 22 de xuño ás 9:00 horas.
CORRECCIÓN DE ERROS TRIBUNAIS DE INFANTIL OURENSE
CORRECCIÓN DE ERROS TRIBUNAIS TECNOLOXÍA
CORRECCIÓN DE ERROS: PARTE B DA ESPECIALIDADE LINGUAXE MUSICAL
CORRECCIÓN ERROS: CAMBIO DE OPOSITORAS inclúen unha persoa no Tribunal 3 de Primaria (Pontevedra) e outra no Tribunal 19 de Infantil (Lugo).
