RESUMO DA XUNTANZA DO CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL do 11 de Xuño de 2019

O pasado martes celebrouse a xuntanza do CGFP na que entre outras cuestións tratouse a oferta formativa de Formación profesional para o vindeiro curso académico.

Dada a premura de tempo coa que se nos trasladaron as ordes de oferta e despois de solicitar un adiamento da xuntanza por parte das tres organizacións sindicais presentes neste órgano e non ser concedido, valorouse a posibilidade de non acudir ao mesmo. 

CCOO decide acudir á xuntanza por dúas cuestións, este non é un organo que compete unicamente á Consellería de Educación e ademais é o único foro no que se pode tratar a oferta formativa, dado que esta non pasa por outros órganos con presenza sindical.  A ausencia ao mesmo impediría debater as cuestións relacionadas coa mesma.

CCOO rexeita, e asi o manifestou na xuntanza, as formas que se veñen repetindo ano tras ano de trasladar o debate da oferta formativa por parte da Consellería de Educación.

 ‌ ver infórmaTE